Breve titorial no que se indica paso a paso como unirse a un Grupo eTwinning xa existente.


Observación:

No escritorio eTwinning Live hai Grupos abertos (públicos), e Grupos privados.

  • Grupo aberto: calquera usuario pode acceder pulsando en «ir ó grupo», ou en «apuntarse ó grupo».
  • Grupo privado: o administrador decide quen pode participar, enviando unha invitación. ___________________________________________

1.- Accede ó teu escritorio persoal eTwinning Live, á pestana GRUPOS.

2.- Utilizamos o buscador de grupos. Escribimos o nome exacto do grupo que estamos buscando ou unha palabra clave que nos leve a un grupo que traballe temas do noso interese.

3.- Tamén se pode facer una busca avanzada, utilizando filtros.

4.- Ó picar en “BUSCAR” aparecen os resultados da busca.

5.- Fai clic no nome do Grupo que che interesa. Aparecerá unha nova ventá con información sobre o mesmo. Le o seu contido e comproba que é o que estás buscando.

6.- Tamén podes acceder á lista dos membros do grupo e ós seus perfís de usuario.

7.- Fai clic en IR Ó GRUPO.

8.- Fai clic en APUNTARSE Ó GRUPO, na parte superior dereita.

9.- Unha vez dentro do Grupo, podes abandonalo cando queiras.