O “Instant Messenger” permite que dous membros do mesmo TwinSpace, que están en liña ao mesmo tempo, intercambien mensaxes privadas. Os usuarios poden ter conversacións paralelas e simultáneas con diferentes usuarios en liña.

Como acceder ao “Instant Messenger”:

  • Desde o cadro de membros en liña na páxina de inicio:  deberás premer no avatar do membro co que desexas charlar.
  • Desde o botón na parte inferior dereita da pantalla, o número indica cantos usuarios están en liña: deberás premer na ventá.

A ventá da dereita mostrará quen está en liña e a persoa coa que elixiches falar estará en verde.

A ventá da esquerda é onde podes ter a conversación. Poderás seleccionar o membro co que desexas charlar simplemente premendo no nome.

Se queres iniciar unha nova conversación con outra persoa, simplemente deberás premer no nome e abrirase un novo cadro de conversación.

Se tes unha mensaxe nova é porque alguén está tratando de charlar contigo, daquela aparecerá un punto vermello no cadro “Membros en liña”, na esquina inferior dereita da túa pantalla.

Cando abras o cadro “Quen está en liña”, notarás que aparece un punto vermello no cadro ao carón do avatar da persoa que che enviou a mensaxe.

Importante:

  • O “Instant Messenger” está aí para axudarte e facilitar a comunicación cando dous ou máis usuarios están traballando no mesmo TwinSpace ou Grupo, e só poden estar dúas persoas á vez. Non pode haber tres ou máis usuarios na mesma conversación (se queres involucrar máis persoas tes que usar a sala de charla TwinSpace).
  • Por razóns de seguridade as mensaxes non se gardarán, e no momento en que navegues ou saias da páxina o historial da charla borrarase.