O foro é o espazo onde os membros de TwinSpace se comunican, colaboran e intercambian. Un foro contén tantos temas de debate como sexa necesario. E en cada tema pódense incluír o número de fíos que se necesite.

Todos os membros do TwinSpace poden escribir unha mensaxe nos fíos do foro (pódense incluír fotografías, vídeos, arquivos), pero só os administradores poden crear novos temas e fíos.

Este titorial indícache paso a paso como arquivar un foro e como extraelo da sección de foros arquivados.        

1.- Selecciona o foro que queres arquivar, p.ex. I Encuentro eTwinning Aranjuez

2.- Preme na icona da papeleira que está na parte inferior do recadro.

3.- Aparecerá esta pantalla; preme en Si:

4.-Observa agora a páxina dos foros; fíxate na epígrafe que di FOROS ARCHIVADOS, preme e comproba que o foro quedou arquivado:

 

5.- O foro está arquivado. Observa que xa non aparece o lapis azul para editar/modificar.

E como podes extraer o foro da sección de foros arquivados?

6. Preme na icona da papeleira que hai na parte inferior do foro.

7.- O sistema devolve esta pantalla:

  1. Preme en Si.
  2. Vai de novo á páxina dos foros e verás que xa está de novo alí. Observa que agora xa aparece o lapis azul para editar/modificar.

 


Os docentes poden subscribirse aos temas de debate. E cando un usuario escribe unha mensaxe/post, o docente subscrito recibirá unha notificación.