Titorial que che indica paso a paso como crear unha páxina de actividades e que sexa subpáxina doutra xa existente.


  1. Supoñamos que queremos crear unha páxina de actividades nova que sexa subpáxina da páxina xa existente Mis expectativas de proyecto.

 

  1. – Prememos en Crear unha páxina.

  1. Na ventá que aparece, pon o título da páxina: “Subpágina de Mis Expectativas”. Preme en Enviar.

  1. A páxina aínda aparece en borrador.

No lateral esquerdo, preme no bloque amarelo que di Añadir contenido a esta página.

  1. Escribimos p. ex. un texto no editor da páxina:

Preme en Enviar.

  1. Tamén no lateral esquerdo, selecciona Quién puede ver esta página e Quién tiene permiso para modificar esta página.

 

8. Observa que a páxina que acabamos de crear está no mesmo nivel ca aquela da que queremos que colgue.

  1. Cando pases o rato pola “cruz” que está enriba da epígrafe Páginas archivadas, decataraste de que a cruz se move. Preme sobre ela.

Despregarase unha pantalla con todas as páxinas de actividades que hai no TwinSpace. Neste espazo pódense reorganizar.

  1. – Co rato, preme na páxina “Subpágina de Mis expectativas”, arrástrala sobre a páxina “Mis expectativas de proyecto” (aparecerache un rectángulo de cor verde) e sóltala.

  1. O resultado será o da imaxe. A subpáxina xa está situada no lugar que queremos.

Non esquezas premer en Guardar!  Está abaixo de todo da pantalla, e se a listaxe de páxinas é longa, non se ve.

Nota: de cada páxina poden colgar tantas páxinas como sexa necesario, pero no mesmo nivel.

Fonte das imaxes: elaboración propia