Proxecto Origami. CEIP Les Arenes

O proxecto Origami do CEIP Les Arenes (Valencia) resultou gañador do Premio Nacional eTwinning 2017, na categoría de idade 0-11 anos, para proxectos desenvoltos durante o curso escolar 2015/2016.
O pasado día 9 deste mes de maio tivemos a oportunidade de visitar o CEIP Les Arenes, un centro en Valencia cunha importante traxectoria en eTwinning. A representante eTwinning da Comunidade Valenciana, Ana Furio, acompañounos na visita e tamén contamos coa directora do centro, que nos ensinou as instalacións e nos falou sobre o barrio no que está ubicado e o contexto do centro. Tras un percorrido polas amplas instalacións do CEIP Les Arenes, visitamos a aula da coordinadora dos proxectos eTwinning realizados no centro durante os últimos anos, Mª José García Ruano, que tamén resultou gañadora na última convocatoria dos Premios Nacionais eTwinning co seu proxecto Origami.
Ó entrar á aula de María José, os seus alumnos recíbennos ilusionados e con gañas de contarnos todo o que fan en eTwinning. Sacaron os materiais do seu proxecto Origami do baúl dos proxectos, para decorar á aula e amosárnola tal e como a tiñan durante o proxecto o curso pasado.
Preguntámoslle a Mª José por Origami e dinos que “é un proxecto eTwinning que realizamos cos nosos socios ucranianos da escola Oleksandriaschool № 9 durante o curso escolar 2015-2016. Nese momento os meus alumnos estaban en 3º de Primaria e tiñan entre 9 e 10 anos. Para empezar, partimos dos problemas detectados nos nosos alumnos a nivel emocional e do interese por parte do profesorado de saber xestionar esas emocións para obter mellores resultados, tanto académicos como de convivencia nas nosas aulas. Ese foi o noso obxectivo, traballar as emocións cos nosos alumnos, compartindo experiencias cos nosos socios, para o que primeiro nos presentamos e situamos os nosos centros. Xa sabes, é importante coñecerse para abordar as emocións”.
O punto de partida do proxecto é o vídeo de “Origami”, unha excelente curta de pouco máis de 8 minutos acerca dun adolescente e o seu avó e da súa conexión coas emocións a través dos origamis. A partir de aí, realizaron actividades diversas, como a árbore das emocións, pero a actividade estrela do proxecto tivo que ver coa gamificación e consistiu na creación do xogo das emocións. Mª José cóntanos que o xogo “creámolo as profesoras do proxecto eTwinning de Ucrania e España a través da ferramenta de traballo colaborativo Genial.ly. Contamos cos alumnos desde o principio para que o xogo fora o resultado de todos. Os nosos alumnos encargáronse de facer moitas das probas do xogo, titoriais, elección de imaxes, cuestionarios, e debuxos. O xogo consiste nun tableiro colaborativo creado arredor das emocións básicas (alegría, tristura, sorpresa e enfado) e para xogalo creamos dous equipos de alumnos de nacionalidade mixta: o equipo da Alegría e o equipo da Tristura”.
Ademais do xogo colaborativo, outro dos obxectivos era traballar a competencia en comunicación lingüística coa creación dun libro das emocións. Para iniciar o libro, empezaron implicando ás familias e realizaron unha animación lectora dirixida pola nai dun dos alumnos en torno a un conto no cal o medo é o protagonista. O conto foi “Encender la Noche” de RayBradbury da editorial Kókinos, que deu pé a preguntar ós alumnos “E ti, ¿a que tes medo?”, título do libro que crearon despois para contarnos as cousas que lles dan medo, e traballar esta emoción.
Durante a visita á aula, os alumnos, que agora están rematando 4º de Primaria, mostráronnos todas as actividades do proxecto a través do TwinSpace de Origami. María José cóntanos que o proxecto foi moi positivo para os alumnos e que non lle cabe dúbida de que mellorou ostensiblemente a convivencia na aula e os resultados académicos melloraron. Destaca especialmente a implicación dos alumnos nas actividades de ensino – aprendizaxe, incluso aqueles que mostraban menor motivación. Ademais, o proxecto tamén se integrou en dúas actividades do centro, o carnaval das emocións e a Semana cultural do centro.
¡¡Noraboa ós alumnos e ó equipo docente do CEIP Les Arenes por facer posible estas experiencias eTwinning!!
Fonte da imaxe de cabeceira: Pixabay. Liciencia CCO PublicDomain
- Video Origami: animación creada por ESMA Movies, Joanne Smithies, Eric De Melo Bueno, Michael Moreno, Hugo BaillyDesmarchelier e Camille Turon.
Reglamento de protección de datos (información básica)
En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.
Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.
Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.
Normas de privacidad
NOMBRE DEL TRATAMIENTO
eTwinning participación.
FINALIDAD
Participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.
RESPONSABLE
Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial del Ministerio de Educación y Formación Profesional
C/ Alcalá, 34; 28014-MADRID.
DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS
Subdirección General de Atención al Ciudadano, Documentación y Publicaciones.
c/ San Agustín 5, 28014-MADRID
dpd@educacion.gob.es
PLAZOS O CRITERIOS DE CONSERVACIÓN DE LOS DATOS
Sus datos se conservarán durante el tiempo necesario para la tramitación y respuesta de su solicitud. Además, será de aplicación lo dispuesto en la normativa de archivos y documentación.
DECISIONES AUTOMATIZADAS
No se realizará toma de decisiones individuales automatizadas basadas en la información que usted nos proporciona.
PLAZOS O CRITERIOS DE CONSERVACIÓN DE LOS DATOS
Sus datos se conservarán durante el tiempo necesario para la tramitación y respuesta de su solicitud. Además, será de aplicación lo dispuesto en la normativa de archivos y documentación.
LEGITIMACIÓN O BASE JURÍDICA DEL TRATAMIENTO
El tratamiento es necesario para el cumplimiento de una obligación legal aplicable al responsable del tratamiento, artículo 6.1e) del RGPD, Reglamento UE 2016/679, y en la Ley 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad de la enseñanza.
DESTINATARIOS
Departamentos de Educación de las CC.AA que llevan proyectos europeos, para distintas gestiones, como la tramitación de permisos ausencia del centro, envío de información relevante, etc.
DERECHOS
Puede usted ejercitar los derechos de los artículos 15 al 22 del RGPD que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio, presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.
AUTORIDAD DE CONTROL
La autoridad de control en materia de protección de datos personales es la Agencia Española de Protección de Datos (http://www.aepd.es).
CATEGORÍA DE DATOS PERSONALES
Los datos personales que se tratarán son los que figuran en el formulario que usted nos proporciona.