Código de conduta eTwinning

Código de conduta eTwinning

Uncategorized

eTwinning constitúe a maior rede de centros educativos de Europa, todas e cada unha das persoas que o conforman constrúen como é. Aquí expoñemos unhas cantas regras básicas para que eTwinning siga sendo seguro e divertido para todos.

eTwinning é unha plataforma que te axuda a desenvolver as túas habilidades, ampliar a túa rede profesional e mellorar as competencias dos teus alumnos. Por este motivo, o espírito de eTwinning baséase no respecto e mais a comprensión. As actividades, mensaxes, publicacións e todo aquilo que se desexe publicar en eTwinning debe axustarse aos seguintes principios:

  • Traballa pola inclusión. As opinións e puntos de vista de todo o mundo son benvidos e permitidos.
  • Non ofendas outras persoas en eTwinning como individuos.
  • Non ataques nin incites á violencia contra outras persoas por cuestións de raza, etnia, orixe nacional, relixión, orientación sexual nin xénero, nin por pertencer a un país, grupo ou minoría.

En eTwinning facemos todo o que está na nosa man para protexer calquera persoa de abusos e mensaxes non desexadas, pero como comunidade activa e plural que somos, contamos convosco para manter unha actitude positiva e reducir incidentes non desexados.

Calquera usuario que non cumpra con este código de conduta recibirá unha chamada de atención e en certos casos será expulsado da plataforma.

Polo tanto, animámosvos a que denunciedes o que vexades necesario.

Se vos atopades con contidos despectivos, que violen dereitos de autor ou inapropiados, sexa en publicacións, actividades, comentarios en diarios e foros ou mensaxes privadas, podedes utilizar o botón para denuncialo e compartir os motivos polos que o facedes. Os servizos de apoio xestionarán a túa solicitude.

A seguir listamos as regras que debe cumprir calquera eTwinner:

1. Uso inapropiado da mensaxaría interna

Abstédevos de lles enviar demasiadas mensaxes a docentes cos que non traballedes. Antes de entrar en contacto con outra persoa dentro de eTwinning visita o seu perfil, comproba se está dispoñible para proxectos, asegúrate de que as túas mensaxes son relevantes. Non lles envíes mensaxes idénticas a outros membros de eTwinning.

2. Uso de eTwinning para fins comerciais

Queda terminantemente prohibido utilizar a plataforma para fins comerciais. Calquera empresa, iniciativa, actividade ou programa informático con fins comerciais será eliminado, así como o seu acceso á plataforma mesma.

3. Mensaxes non desexadas nos foros

Nos foros de colaboración de eTwinning Live xéranse milleiros de mensaxes. Antes de realizar unha nova publicación, comproba se xa existen mensaxes nesa liña e responde a estas. Axúdanos a que os foros teñan sentido e a mellorar a interacción!

4. Comentarios irrelevantes ou inapropiados nas publicacións doutras persoas

Cando escribas un comentario no perfil doutra persoa asegúrate de que lle resulta pertinente. Os comentarios deben estar dirixidos a persoas e relacionados coa publicación do usuario. Non lles escribas o mesmo comentario a outros usuarios.

5. Solicitudes de contacto e invitacións para proxectos aleatorios

Evita pedirlles a outros membros de eTwinning que formen parte dos teus contactos ou participen no teu proxecto sen comunicarvos antes. Asegúrate de que contas cun número de contactos razoable e posible de xestionar. Queres estar ao tanto do que fai ou publica alguén? Abonda con que sigas o seu perfil.

6. Invitacións para actividades

Evita invitar os teus contactos ás actividades que organices, a menos que teñas claro que poden participar nelas. As invitacións aleatorias para actividades organizadas no teu centro consideraranse como non desexadas (correo lixo).

7. Ameazas directas, acoso e fustrigación

En eTwinning non se tolera o acoso nin a fustrigación. Se es vítima de acoso dixital ou alguén te ameaza, pregámosche que te poñas en contacto co teu Servizo Nacional de Apoio ou que denuncies a mensaxe. Ten presente que calquera persoa que se atope en situación de acoso ou fustrigación a outro membro da plataforma podería ser expulsada de eTwinning.

8. Propiedade intelectual

Asegúrate de que os contidos que cargues na plataforma non violen ningún dereito de autor. Antes de compartir imaxes, vídeos, documentos ou calquera outro recurso, pregámosche que te asegures de que tes dereito a iso. A plataforma eTwinning non pode aloxar vídeos, cómpre cargalos antes en YouTube, Vimeo ou DailyMotion e despois incrustalos en eTwinning. Non esquezas botarlles unha ollada ás súas políticas de dereitos de autor.

9. Suplantación de identidade

Está prohibido suplantar a identidade doutras persoas, grupos ou organizacións que non representes coa intención de confundir, enganar ou despistar.

10. Estudantes (menores)

eTwinning toma moi en serio a intimidade e a seguridade dos seus estudantes. Evita publicar imaxes de estudantes no teu perfil de eTwinning Live, TwinSpace, grupos etc. No caso de que o fagas, asegúrate de que contas co consentimento das súas familias.

11. Información persoal e datos confidenciais

Reflexiona cando publiques contidos relacionados con outras persoas. Non deberías publicar información privada, como por exemplo teléfonos móbiles, enderezos persoais, números de tarxetas de crédito, detalles ou fotografías/vídeos da túa vida íntima. Pensa sempre antes de publicar!

Fonte da imaxe de cabeceira: Pixabay

eTwinning: acercando aulas en Ceuta

eTwinning: acercando aulas en Ceuta

Entrevistas v Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

La Dirección Provincial del Ministerio de Educación y Formación Profesional de Ceuta ha organizado el curso “eTwinning: acercando aulas” dirigido a docentes de las distintas etapas educativas anteriores a la Universidad. Distribuido en cuatro sesiones presenciales y una fase práctica de 4 horas, se ha estructurado en ponencias plenarias, ejemplos de experiencias locales y talleres prácticos, en los que se ha contado con la intervención del SNA eTwinning, representante eTwinning de Ceuta, embajadores y docentes con experiencia en el programa. Continuar leyendo

MOOC Diseña el plan digital de tu centro

MOOC Diseña el plan digital de tu centro

Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

El próximo martes, 5 de noviembre, comienza la 1ª edición del MOOC de  AprendeINTEF que lleva por título “Diseña el Plan Digital de tu centro”- #PlanDigital. Continuar leyendo

Seminario “Collaborative activities go beyond communication and exchange of materials” en Bratislava (Eslovaquia)

Seminario “Collaborative activities go beyond communication and exchange of materials” en Bratislava (Eslovaquia)

v Training Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Durante los días 10 al 12 de octubre de 2019 ha tenido lugar en Bratislava (Eslovaquia) el Seminario “Collaborative activities go beyond communication and exchange of materials”, al que han asistido 4 docentes de educación Secundaria, procedentes de distintos centros escolares de España (San Sebastián, Bilbao, Almería y Cádiz) y un miembro del Servicio Nacional de Apoyo eTwinning de Madrid. Continuar leyendo

El proyecto “Trotamundos Europeos” es reconocido en los premios Antonio Domínguez

El proyecto “Trotamundos Europeos” es reconocido en los premios Antonio Domínguez

Proxectos destacados Recomendacións Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

El pasado mes de Junio fueron entregados los Premios Antonio Domínguez Ortiz, en su trigésima edición, como máximo galardón a la innovación educativa dentro de la Comunidad de Andalucía. Continuar leyendo

Erros frecuentes no desenvolvemento dun proxecto eTwinning

Erros frecuentes no desenvolvemento dun proxecto eTwinning

Recomendacións Uncategorized

Pechamos o curso 2018-2019 superando a cifra redonda de 1000 solicitudes de selo de calidade nacional tal e como se pode ver no gráfico 1.

     Gráfico 1

Ao tempo que crece o número de solicitudes ano a ano, tamén crece a porcentaxe de proxectos que conseguen o recoñecemento de selo de calidade (ver gráfico 2; hai un factor identificado no curso 2016-2017 que aínda mellora a tendencia). Isto indícanos que a metodoloxía baseada nos criterios de calidade eTwinning se vai asentando entre os docentes membros dos proxectos.  Desde o Servizo Nacional de Apoio felicitamos todos os docentes que conseguiron o selo de calidade polo bo traballo que realizaron.

Gráfico 2

Por outro lado, tras revisar os comentarios feitos polo equipo avaliador dos proxectos, tanto naqueles que obteñen o selo de calidade coma nos que non, o SNA observou que hai erros reiterados que se cometen durante o seu desenvolvemento. Na táboa de abaixo destacamos os máis frecuentes, así como ideas para resolvelos; temos a certeza de que cun pouco de axuda e asesoramento por parte do SNA se poden superar en futuros proxectos. Unha regra de ouro que se debe ter en conta é que a planificación previa do proxecto garante unha alta probabilidade de éxito.

 


                                                                                                                  Planificación

                                                                                                                   Exemplo 

                                                                                                                   Foros                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

                                                                                                                   Colaboración

                                                                                                                 

                                                                                                                  Avaliación

                                                                                                                 

 Difusión

Para evitar algúns erros, sexan os sinalados aquí arriba ou outros, é recomendable ter presente en todas as etapas de desenvolvemento do proxecto a rúbrica de avaliación do selo de https://etwinning.es/es/materiales-de-ayuda/ayuda-etwinning/rubrica-sello-de-calidad-etwinning/.

Ademais, é aconsellable facer uso das tarxetas de proxecto; un membro do SNA asesorará o docente que o solicite. Como utilizalas? Preme nesta ligazón https://etwinning.es/es/materiales-de-ayuda/ayuda-etwinning/tarjetas-de-proyecto-habla-con-tu-sna/

Fala cos teus socios, tratade xuntos de identificar posibles erros como os sinalados máis arriba, e reflexionade sobre a conveniencia de cambiar o rumbo.

Axuda eTwinning

Fonte imaxe: Pixabay

Premio Nacional eTwinning 2019 “All different, all the same”

Premio Nacional eTwinning 2019 “All different, all the same”

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Uncategorized

O proxecto “All different, all the same” levado a cabo polas docentes Gema Sánchez García e Comba Gallinas Rodríguez do CEIP Serrano Clavero de Requena (Valencia) e Esther González Guerrero e Mª Angustias Molina González do CEIP Abencerrajes de Granada foi gañador do Premio Nacional eTwinning 2019 na categoría 1 de 0-6 anos. Continuar leyendo

Premio Nacional eTwinning 2019: “Let´s experience and learn”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Let´s experience and learn”

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Uncategorized

O proxecto “Let´s experience and learn” é un proxecto de colaboración entre os alumnos de educación infantil de colexios pertencentes a 8 países diferentes (Romanía, Eslovenia, Polonia, República Checa, Armenia, Turquía, Eslovaquia e España). Continuar leyendo

Nuevo portal europeo eTwinning

Nuevo portal europeo eTwinning

Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Nos complace anunciar que el nuevo portal eTwinning ya está aquí. Renovamos imagen y tod@s podéis ser partícipes de ello desde hoy mismo, día 27. Además, el nuevo portal eTwinning viene acompañado de otras novedades, como es el actualizado “Código de Conducta” y la esperada fusión del portal eTwinning Plus (https://plus.etwinning.net/en/pub/index.htm) en el portal europeo (www.etwinning.net).  Continuar leyendo