Exemplos eTwinning – asociación escolar Erasmus+ KA229

Exemplos eTwinning – asociación escolar Erasmus+ KA229

Uncategorized

Presentamos neste artigo exemplos de proxectos eTwinning que se desenvolveron de forma simultánea a unha asociación de intercambio escolar Erasmus+ KA229.  As sinerxías que se establecen entre ambos programas, eTwinning e Erasmus+ son cada vez máis necesarias e estreitas, e froito disto é a mellora da calidade dos proxectos.

Nestes exemplos tratáronse temas como a desigualdade social, o racismo, a xenofobia, a discriminación por razón de xénero, relixión, idade e discapacidade, o patrimonio cultural, a tiranía no mundo da moda e a beleza, a literatura, o desenvolvemento sostible da Axenda 2030,  a historia de España, o uso axeitado da tecnoloxía… Todos os proxectos seleccionados foron galardoados co Selo de Calidade eTwinning e o seu desenvolvemento, planificación, materiais, e resultados poden verse no enlace que dá acceso ó TwinSpace do proxecto.

En todos eles se observa como eTwinning facilitou a colaboración entre os socios, a organización das mobilidades e a comunicación, así como el desenvolvemento da competencia dixital, o traballo en equipo, e a realización das actividades do proxecto tanto por parte  dos docentes como do alumnado. Son traballos que poden servir de inspiración e modelo para futuros interesados.

Fai clic na imaxe. En cada ficha do proxecto, na parte inferior está o enlace ó TwinSpace, o espazo de traballo en colaboración no que se aloxa o contido do proxecto

Boas prácticas KA229

Na guía do programa Erasmus+ 2019, eTwinning aparece como unha das principais recomendacións para os docentes que desexen participar na convocatoria anual, e especialmente para aqueles docentes que van participar nunha asociación de intercambio escolar KA229, xa que eTwinning ofrécelles -tamén ó alumnado- unha plataforma online segura que permite desenvolver accións dentro do marco dun  proxecto Erasmus+ antes, durante e despois da finalización do mesmo. 

Por primeira vez, na convocatoria Erasmus+ 2019, eTwinning aparece incluído nos criterios de avaliación das candidaturas de asociacións estratéxicas.  No apartado calidade do deseño e execución do proxecto, valórase o uso de eTwinning como plataforma de traballo en liña, cun potente buscador de socios e ferramentas de comunicación na etapa previa ó inicio do proxecto, un entorno de traballo en común para os socios, e un espazo para a difusión durante o desenvolvemento do proxecto e tras a súa finalización, o que asegura un gran impacto e permite a toda a comunidade educativa facer un seguimento das relacións que se establecen e  das actividades realizadas. Así mesmo, valórase que os proxectos candidatos se baseen en proxectos eTwinning anteriores ou en curso, e que utilicen eTwinning en combinación coa mobilidade física.

Está previsto que na convocatoria Erasmus+ 2020, a relevancia de eTwinning sexa aínda maior. ¡Participa xa!

Enlaces de interese: 

Outros exemplos de integración eTwinning-Erasmus+

Boas prácticas eTwinning e Erasmus+ (KA2) 

Guía breve de participación eTwinning-Erasmus+ 

Guía Erasmus+: https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/documents/erasmus-programme-guide-2019_es

Portal europeo eTwinning: www.etwinning.net

Portal SEPIE: www.sepie.es

Erasmus+: www.erasmusplus.gob.es 

School Education Gateway: https://www.schooleducationgateway.eu/en/pub/index.htm

Fonte das imaxes:

Imaxe destacada: imaxe de ELLE RITTER en Pixabay 

Imaxe do documento central: a portada foi deseñada usando imaxes de Freepik.com