eTwinning na formación profesional

eTwinning na formación profesional

Entrevistas

O traballo mediante proxectos eTwinning estase a consolidar, cada vez máis, como un recurso xeneralizado para todos os docentes, desde educación infantil a formación profesional. Podemos atopar proxectos interesantes en todas as etapas formativas publicados na plataforma, dos que podemos aprender e recoller ideas. Aínda que, neste artigo, gustaríanos facer fincapé nas vantaxes que ofrece para o profesorado e mais o alumnado de formación profesional a incorporación desta ferramenta no día a día da clase.

 eTwinning pódelle achegar innumerables beneficios ao profesorado de formación profesional, aínda que quizais os máis importantes son:

  • Compartir docencia e metodoloxías de traballo con outros docentes.
  • Introducir as TIC nas clases como práctica de aula.
  • Motivar o alumnado para traballar con outros compañeiros/as nun proxecto europeo.
  • Constituír un medio/ferramenta de apoio durante todo o ciclo de vida dun proxecto Erasmus+: atopar socios de confianza para un proxecto K1 (FCT noutro país, ou formación para docentes noutro país) ou un proxecto K2 (Cooperación para a Innovación e o Intercambio de Boas Prácticas), planificar o proxecto, soporte durante o seu desenvolvemento e difusión desde que remate.

 

encuentro docentes

O buscador de persoas que nos ofrece eTwinning facilita o encontro con docentes que están a realizar os mesmos módulos profesionais ou similares aos que estamos facendo nós. Neste sentido, é moi importante que definamos moi ben o noso perfil, concretando a nosa especialidade profesional, idades dos nosos alumnos, e tipo de proxecto no que nos gustaría traballar. Temos que ter presente que outros docentes fóra do noso país poden, tamén, estar a buscar socios cos que intercambiar ideas ou realizar un proxecto colaborativo. O seguinte enlace dános uns consellos en relación á creación do noso perfil: http://es.slideshare.net/SNA_etwinning/perfil-etwinning

búsqueda en eTw Live

A flexibilidade na forma de traballar que nos ofrece eTwinning facilita que poidamos utilizar o idioma no que nosoutros/as e o noso alumnado nos sentimos máis cómodos. Cada vez máis, obsérvase un grande interese de compañeiros/as europeos que desexan realizar proxectos en español, así que o idioma non é unha barreira. Tampouco fai falta ser un experto en ferramentas TIC, existen multitude de recursos moi sinxelos e útiles para os nosos proxectos.

videoconferencia etw FP

As actividades e/ou proxectos cos que traballar poden estar incluídas en calquera núcleo formativo ou unidade formativa que nosoutros/as previramos na programación. Un tema específico pódese acordar cos nosos socios/as e darlle forma de proxecto eTwinning para traballar de forma colaborativa.

Como exemplos de boas prácticas en formación profesional podemos consultar os seguintes enlaces:

Proxecto “Europia-Europe tomorrow”

https://europetomorroweuropia.wikispaces.com

Proxecto “The career Project”

http://new-twinspace.etwinning.net/c/portal/layout?p_l_id=34465432

Proxecto “Trade and logistics between countries”

http://recursostic.educacion.es/blogs/etwinning/index.php/2010/02/08/title-9

Proxecto “Anotacións a un bosque”:

http://new-twinspace.etwinning.net/web/p60116/welcome

 

grupo eTW FP

Para poder compartir as nosas experiencias e inquietudes creamos un grupo de traballo, “eTwinning e a Formación Profesional” onde esperamos contar coa colaboración de todos e todas os que esteades interesados/as en compartir a vosa experiencia docente e inquietudes en relación ás posibilidades que nos ofrece esta plataforma.  Así que desde aquí invitámosvos a que formedes parte do grupo e acheguedes os vosos comentarios e suxestións.

 M. sabel Vila Figueroa

Embaixadora eTwinning