Tras el anuncio del tema anual para 2023 «Innovación y Educación: Ser creativo con eTwinning», analizaremos elementos clave de la innovación y la educación y su aplicación en eTwinning, que expliquen, a nivel europeo y nacional, el contexto en el que se desarrollarán las próximas acciones.
Tema Anual eTwining 2023: Innovación y Educación
El Tema eTwinning del año 2023 girará en torno a la relación entre la “Innovación” y la “Educación”. Continuar leyendo
Equipos Directivos: diseñando estrategias para la innovación con eTwinning
v Talleres de desenvolvemento UncategorizedA calidade en proxectos de Educación Infantil e Primaria
RecomendaciónsExemplos de boas prácticas en Educación Infantil e Primaria para cada un dos 6 criterios de avaliación existentes á hora de conceder o Selo de Calidade a proxectos eTwinning.
A primeira idea que é fundamental resaltar é a seguinte: todos os proxectos de colaboración escolar enmarcados dentro da acción eTwinning, ademais de conlevar un gran esforzo e traballo por parte dos implicados (especialmente profesorado e alumnado), apoian e reforzan o proceso de ensino-aprendizaxe que se desenvolve na aula, ademais de ser un importante factor motivador para os docentes e alumnos participantes.
Co obxectivo de identificar aqueles proxectos que destacan especialmente por varios motivos (traballo, esforzo, colaboración, uso das TIC, innovación, etc.) existe o denominado Selo de Calidade: un recoñecemento dos proxectos eTwinning que cumpren cos 6 criterios de calidade pre-establecidos e comúns para os 41 países que forman parte desta acción. Toda a información sobre estes criterios de avaliación pòdese revisar aquí.
Cada etapa do sistema educativo español ten as súas propias características, coas súas correspondentes fortalezas, retos e dificultades. Para as etapas de Educación Infantil e Primaria, como adianto a unha serie de artigos máis extensos e específicos, no presente documento vaise expoñer unha breve lista de proxectos e ideas que poden servir de referencia ou inspiración para cada un dos 6 criterios de avaliación dos Selos de Calidade e que poden resultar de aplicación en futuros proxectos eTwinning. Asimesmo, para cada criterio inclúese un enlace a un artigo relacionado xa existente na páxina web do Servizo Nacional de Apoio eTwinning de España, co fin de aportar a maior cantidade de información posible sobre cada criterio.
- Educación Infantil. Exemplo de boas prácticas: FairyYoga
- Educación Primaria. Exemplo de boas prácticas: Looking for BeauandDelfi
- Educación Primaria. Exemplo de boas prácticas: Areyouready to live in the 21st Century?
- Educación Infantil. Exemplo de boas prácticas: StorytellingwithLego
- Educación Primaria. Exemplo de boas prácticas: Looking for BeauandDelfi
- Educación Infantil (elaboración dun carnet de proxecto de forma conxunta). Exemplo 1: WeloveEuropets. Exemplo 2: Origami
- Educación Primaria (elaboración dun libro dixital de forma conxunta). Exemplo de boas prácticas: DIXIT collaborativestory/historiecollaborative
- Educación Infantil. Exemplo de boas prácticas: Your digital life
- Educación Primaria. Exemplo de boas prácticas: El laberinto de las palabras
- Recompilación de resultados
- Exemplo 1: ¿Conoces este cuento?.Exemplo 2: DIXIT collaborativestory
- Web externa. Exemplo 1: ReadtheWorld. Exemplo 2: página WIX (Areyouready to live in the 21st century?)
- Documentación do proxecto (especialmente o papel do alumnado no mesmo)
- Avaliación do proxecto por parte de toda a comunidade educativa
- Uso de rúbrica de avaliación
- Diseminación e difusión do proxecto (páxina web do centro educativo, blog externo, prensa local, seminario ou xornadas, redes sociais, etc.)