eTwinning e a Orientación Profesional

eTwinning e a Orientación Profesional

Embaixadores Proxectos destacados

O termo orientación segundo a RAE inclúe dúas acepcións: “dar a alguén información ou consello en relación cun determinado fin.  e dirixir ou encamiñar a alguén ou  algo cara un fin determinado”.

Cada día, os docentes implicados nos equipos educativos da Formación Profesional informamos, aconsellamos, diriximos, encamiñamos. Segundo as citadas referencias: orientamos. Facemos orientación profesional. 

Sabemos que é moi importante formar os estudantes para que poidan desenvolver Habilidades para a Xestión da súa Propia Carreira Profesional (HGC).  E por isto, a aprendizaxe en competencias relacionada coa identificación das súas habilidades, o desenvolvemento de metas de aprendizaxe profesional e a mellora da súa carreira persoal e profesional son aspectos clave en dita orientación profesional.

eTwinning, a través dos seus proxectos, permite e facilita ó noso alumnado integrar os valores fundamentais da UE, coñecer estratexias de autocoñecemento, identificar oportunidades formativas e explorar novos horizontes profesionais. A implicación  nos proxectos e a participación de forma proactiva nas actividades, aproxímanse á súa futura realidade profesional. 

A través de diversas experiencias de aprendizaxe, o alumnado consegue:

  • Adquirir destreza en competencias dixitais.
  • Aumentar o seu interese e adquirir fluidez no uso de linguas estranxeiras para poder comunicarse cos seus compañeiros e profesorado de outros países.
  • Mellorar a súa autonomía e outras habilidades persoais, sociais, de relación e comunicación, posto que a colaboración é un dos pilares fundamentais en eTwinning.
  • Adquirir hábitos de traballo relacionados coa súa especialidade profesional.
  • Vivir o emprendemento a través de proxectos emprendedores que poden servir para promover o súa propia iniciativa empresarial.
  • Romper as fronteiras nos seus horizontes profesionais.
  • Identificar oportunidades de formación e de inserción laboral noutros países. 

Así pois, eTwinning constitúe un recurso de apoio; tanto para os docentes ó fomentar a participación en proxectos, como para os alumnos na elaboración do seu propio itinerario formativo. Pero, sobre todo, proporciona orientación e proxección de futuro.

 

Proxectos destacados: 

COOKING AND SERVING:MY HOBBY,MY JOB

https://twinspace.etwinning.net/44455/home

 

ORFI RESTAURANT-OUR RESTAURANT FOSTERING INCLUSION

https://twinspace.etwinning.net/73390/home

 

R4H:Restaurant4Homeless

https://twinspace.etwinning.net/92651/home

 

Cook&Live 4 H3: Health, Heritage and Humanity

https://twinspace.etwinning.net/101603/home

 

CM: Clever Meals

https://twinspace.etwinning.net/124170/home

 

Proxecto Show me your town 

(FPB Aprovechamientos Forestales)

https://twinspace.etwinning.net/22835/home

 

Produto Calendario

https://www.yumpu.com/en/document/read/58955780/our-etwinning-calendar-project-show-me-your-town-2017