Premio Nacional eTwinning 2019: “Tras a pegada de Safo”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Tras a pegada de Safo”

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Proxectos destacados Uncategorized

O ano 2018 foi o Ano do Patrimonio Cultural Europeo, precisamente foi esta unha das razóns que nos levou a través do noso proxecto a profundarmos na figura da ínclita Safo. Ademais, quixemos buscar e afondar na pegada que nos deixou na arte e na literatura europea, para que, así, o noso alumnado aprendese a valorar o legado de Grecia e Roma, ademais do noso patrimonio intanxible. Tamén 2018 foi un ano cheo de reivindicacións que xiraron arredor da figura da muller e que deron a volta ao mundo a través de movementos internacionalmente coñecidos como o “Me Too”, que se coaron nas nosas aulas e no noso día a día, ou a folga feminina que se levou a cabo en España o 8 de marzo deste mesmo ano, o Día Internacional da Muller. Continuar leyendo