Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro

Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro

Embaixadores

STEAM (Science, Technology, Engineering, Art and Mathematics) é unha metodoloxía que combina as seguintes disciplinas: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas para que o noso alumnado aprenda de forma práctica e experiencial. A través de STEAM, os nenos e nenas son capaces de enfrontarse ós problemas formulados de maneira real, ademais de desenvolver outras habilidades como o traballo en equipo ou a capacidade de análise.

Traballando desta maneira preténdese que o alumnado afronte un problema tal e como se dun enxeñeiro se tratase, poñendo en práctica os seus coñecementos. Ademais, búscase o proceso contrario: que o tratamento de situacións reais permita o estudo e aprendizaxe dos contidos das diversas materias científicas, dunha maneira moito máis motivadora. Desta forma, a retención das aprendizaxes é máis prolongada no tempo, así como a capacidade de transferilos dunhas situacións a outras. En definitiva, a aprendizaxe por competencias básicas realízase dunha maneira moito máis efectiva.

Metodoloxía:

Obxectivos xerais

Os  obxectivos xerais que se buscan ó participar neste tipo de proxectos son:

  • Promover o ensino/aprendizaxe da Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería, as Matemáticas e a Arte de forma integrada, en lugar de como áreas compartimentadas de coñecemento.
  • Desenvolver metodoloxías activas como a aprendizaxe baseado en problemas e retos ou a aprendizaxe baseada en servizo, así como o de ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) desde os diferentes temas implicados en STEAM.
  • Deseñar actividades que fomenten no alumnado a curiosidade, o gusto pola experimentación e o desenvolvento práctico e o interese polos temas científicos e tecnolóxicos.
  • Promover a divulgación científica, tecnolóxica e artística mediante a produción de materiais con contidos que esperten o interese de toda a comunidade educativa.
  • Deseñar actividades específicas dirixidas ó alumnado feminino para mellorar a súa percepción das carreiras científicas e de enxeñería.
  • Promover o traballo en equipo e a cooperación na contorna STEAM como un dos pilares básicos e comprometerse, individual e colectivamente, a realizar o traballo de forma axeitada.
  • Desenvolver as competencias STEAM dentro do currículo docente.
  • Contribuír ó logro das competencias básicas do alumnado mediante a implantación de experiencias de aprendizaxe baseadas na metodoloxía de investigación da súa práctica pedagóxica.
  • Mellorar o pensamento crítico, a concienciación e a integración na competencia STEAM.
  • Romper os estereotipos de xénero sobre as carreiras STEAM empregando ferramentas e estratexias libres de xénero.
  • Usar a tecnoloxía como un elemento facilitador, para producir unha aprendizaxe de calidade, incrementando a confianza e competencia dos alumnos na mesma.

Competencias:

O desenvolvemento de competencias STEAM comprende:

  • O uso de metodoloxías activas.
  • A alfabetización científica para o alumnado en todas as etapas escolares.
  • O uso do método científico co alumnado como ferramenta de reflexión.
  • A transmisión de valores de sostibilidade e obxectivos de desenvolvemento sostible.
  • O desenvolvemento da capacidade analítica para crear e impulsar novas solucións a problemas reais.
  • O desenvolvento da creatividade.
  • A contextualización da docencia STEM e construción de proxectos STEAM en torno a problemas reais que deben ser resoltos, enfocando as disciplinas STEM en relación cos retos sociais.
  • A integración da arte e o deseño no ensino/aprendizaxe, como elementos clave na innovación.

Grupos destacados:

Actualmente estamos de cambio de plataforma dixital, xa que, como é sabido, eTwinning e School Education Gateway fusionárons e na nova European School Education Platform onde ó longo deste ano 2022 serán volcados os Grupos eTwinning xa existentes. Na plataforma eTwinning Live se se escribía no buscador a palabra “STEAM” ou “STEM”, saían moitos grupos relacionados, pero os dous que vos presentamos a continuación (na Plataforma Europea de Educación Escolar, serán migrados en breve co mesmo nome, aínda que posiblemente cambie o seu hipervínculo) son os seguidos por máis membros de eTwinning debido ó  seu dinamismo e calidade:

-STEAM: deseña o futuro da ciencia con eTwinning: https://groups.etwinning.net/157944 Grupo en castelán con máis de 17.000 membros, moderado polo embaixador Abel Carenas e creado como punto de encontro entre docentes de todas as etapas educativas que se traballan en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e  Matemática a través de eTwinning. Os seus obxectivos principais con respecto a STEAM son: dar a coñecer boas prácticas, colaboración docentes, coñecemento de proxectos multidisciplinares, fomento de creatividade,así como difusión de actividades e eventos externos e dos membros do grupo.

-STEM: https://groups.etwinning.net/7619. Grupo en inglés formado por máis de 10.000 participantes, coordinado polo embaixador Rafael Montero onde se pretende que sexa un lugar de encontro entre docentes de todos os niveis para tratar e compartir cos demais docentes temas relacionados coas Nanotecnoloxías, TIC, Astronomía, Aprendizaxe Baseada na Indagación (Inquiry Based Learning, IBL) e intelixencias múltiples, ademais de promover as vocacións científicas, traballo colaborativo e Feiras Científicas.

 Algúns exemplos de proxectos eTwinning nos que se traballou con esta metodoloxía e alcanzáronse exitosos resultados son os seguintes:

Educación Infantil

 

Educación Primaria

 

Educación Secundaria

 

Formación Profesional

 

MOOCs/Cursos:

 

Exemplos de boas prácticas en centros:

Ademais, eTwinning ofrece diferentes kits para facilitar o desenvolvemento dos nosos proxectos. Un deles, relacionado coa metodoloxía STEAM, é o seguinte:

De STEM a STEAM

https://www.etwinning.net/es/pub/get-inspired/kits/kit.cfm?id=1322

 

Proxecto STEAM en centros educativos

Nalgúns centros educativos intégrase o proxecto STEAM no Plan Anual de Centro cos obxectivos  principais de mellorar a experiencia da aprendizaxe científico-tecnolóxica do alumnado, mellorar a perspectiva do STEAM e a interdisciplinariedade e aumentar o número de vocacións neste ámbito. Un exemplo de implementar o plan STEAM na escola ou instituto son as Ferias da Ciencia nas que se pode participar a nivel local ou provincial. O IES Etxebarri BHI realiza unha Feira da Ciencia (“Zientzia Azoka”) desde o 2021. Neste ano o tema central da exposición fue o Covid19, onde se presentaba a enfermidade polo alumnado de 3º ESO (nivel no que se imparten todas as materias STEAM) a todo o instituto desde a perspectiva de Bioloxía (estudo de enfermidades víricas, vacinas, científicos e científicas) , Física e Química (materiais para as EPIs), Tecnoloxía (creación de pantallas protectoras e dispensadores de hidroxel con impresora 3D), TIC (programación e deseño), Matemáticas (estatísticas sobre a pandemia) e Arte (realización de maquetas e paneis informativos). Vídeo onde se pode ver a Feira (STEAM-AZOKA): https://www.youtube.com/watch?v=RwtrqBZW60E

 

Durante o curso 2021-22 seguiuse co proxecto, sendo neste caso o Cambio Climático o eixe central para tratar nas diferentes materias STEAM. Tanto en Física-Química como en Bioloxía realizaron maquetas e póster explicativos axudados polas Matemáticas para as estatísticas e, de Artes Plásticas para adecuar ditas maquetas. En Tecnoloxía e Informática programouse a impresora 3D para a construción de aeroxeradores e circuítos pechados. Un resumo do realizado pódese ver no seguinte vídeo: https://youtu.be/qQAI73AL210

 

Recursos de interese:

 

Conclusión:

O principal obxectivo da práctica STEAM non é outro que traballar para o cambio metodolóxico, baseándonos nun proceso de aprendizaxe  no que destaca a participación activa do alumnado, realizando actividades manipulativas e experimentais, de maneira que se integren, de forma interdisciplinar, as diferentes materias.

O alumnado é o verdadeiro protagonista do seu propio proceso de ensino-aprendizaxe, e o encargado de construír o seu propio coñecemento a través da resolución de problemas, para o cal é fundamental a formulación de preguntas, a análise, a investigación, o rastrexo, a estimación e a chegada a unha conclusión final.

É importante partir de problemas cercanos ó alumnado, á súa contorna, vinculados á súa idade e ás súas necesidades reais, para conseguir estimulalos dunha maneira natural e chegar a unha implicación máxima nos mesmos.

Desta maneira conseguiremos espertar no alumnado o interese pola investigación e polo descubrimento, desenvolvendo áreas de coñecementos e capacidades necesarias para a revolución dixital do presente século.

Nuevo vídeo: Proyectos eTwinning STEM

Nuevo vídeo: Proyectos eTwinning STEM

Embaixadores Recomendacións

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

A continuación podéis visualizar el vídeo sobre 2 proyectos eTwinning: Women with Conscience and Science: Marie Curie. Looking for eTwinnio y Women of the Ocean: Oceans of Life,  son dos proyectos educativos, inclusivos, científicos que quieren impulsar la investigación científica a través de STEM, visibilizando el papel de mujeres científicas e impulsando una educación en igualdad. 

 

 

Fuente de la imagen: TwinSpace del proyecto Women with Conscience and Science: Marie Curie. Looking for eTwinnio

eTwinning e STEM

Recomendacións

Seguro que, a estas alturas, escoitaches máis dunha vez o termo STEM, mesmo poida que ata te familiarizaras con el. Pero, sabes de que xeito podes integrar este enfoque con eTwinning?

Vivimos nunha sociedade onde a ciencia, a tecnoloxía e mais as matemáticas xogan un papel fundamental. Esta importancia é valorada pola sociedade, tal e como se recolle nos Informes sobre Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía en España que FECYT leva realizando desde o ano 2002. En concreto, nos seis últimos anos, produciuse un aumento do 60% no interese que xeran os temas de carácter científico e tecnolóxico. Do mesmo modo, a maioría da cidadanía percibe a ciencia e a tecnoloxía de forma positiva. Con todo, estes informes tamén recollen que case a metade dos entrevistados consideran a súa formación científica como baixa ou moi baixa. Ademais, nos últimos anos, produciuse unha diminución no número de alumnos e alumnas que elixen carreiras científicas. Por outro lado, os grandes retos (e os non tan grandes) do mundo son complexos e implican relacionar e adoptar distintos tipos de coñecemento de distintos ámbitos. Ou dito doutro modo, son problemas interdisciplinares que, consecuentemente, necesitan unha formulación e unha resolución interdisciplinar.

Todas estas circunstancias -ciencia presente no noso día a día e valorada pola cidadanía, formación científica inadecuada, diminución no número de alumnos e alumnas que escollen unha carreira científica e problemas interdisciplinares- poñen de manifesto a necesidade de enfocar a educación científica desde unha nova perspectiva.

 

etwinning_stem_3
Designed by Freepik

Neste contexto nace o enfoque STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, polas súas siglas en inglés). Xorde ante a necesidade de desenvolver distintas materias desde un enfoque integrador; ante a necesidade non só de formar futuros científicos e científicas, senón de formar unha cidadanía capaz de enfrontarse aos desafíos dunha sociedade cada vez máis complexa. Dar resposta a esta necesidade está sendo unha das principais prioridades das políticas educativas de moitos países e, como consecuencia, estanse a levar a cabo numerosas propostas e iniciativas destinadas a traballar a competencia STEM dentro da aula.

Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Matemáticas… Non falta algo? Claro que si! A creatividade! Este enfoque non se podería desenvolver sen a capacidade inventiva e a imaxinación que son necesarias para deseñar un experimento, ou un proxecto, ou unha aplicación,… Por iso, ultimamente, á hora de levar a cabo e desenvolver estas propostas e iniciativas xa non falan de STEM, senón de STEAM onde o ”A” supón a incorporación do enfoque artístico tan necesario en calquera proceso de innovación.

 

Designed by Freepik

Estamos a falar de materias con moitos puntos en común, onde o enfoque integrador entre todas elas parece lóxico. Con todo, dentro do ensino formal estas materias danse de forma separada. Entón, como se pode traballar a competencia STEAM na aula? A resposta está clara, non si? eTwinning!! Son moitas e variadas as opcións que eTwinning ofrece (grupos de traballo, desenvolvemento de proxectos, kits, …) e moitos os docentes e as docentes que as están aproveitando. Desde educación infantil, ata bacharelato, as alternativas son numerosas. Entre todos eles, queremos destacar os seguintes:

  • Young scientists. Proxecto ganador do Premio Marie Skłodowska Curie. Socias fundadoras: Fina Vendrell Vila (Cataluña) e Natasha Djurkova (Bulgaria).
  • Química ata na sopa! Proxecto ganador do premio en Lingua Española. Socias fundadoras: Ángela Lupo (Italia) e Carmen Hernández (Francia).
  • AIMS Alternatives for Innovative Math Study. Proxecto ganador do premio en Lingua Inglesa. Socios fundadores: Irina Vasilescu (Romanía) e Nicolas Houpert (Francia). Coordinadora do proxecto: Valentina Cuadrado Marcos.
  • We run, we learn. Proxecto ganador do premio Nacional eTwinning Italia. Socios fundadores: Florenci Sales Vilalta (España) e Enrica Maragliano (Italia).
  • Physical awareness. Socios fundadores: Florenci Sales Vilalta (España) e Enrica Maragliano (Italia).
  • Kit eTwinning.Percepción Física.
  • Grupo STEM, administrado por Rafael Montero, docente do Colexio Corazón de María de Xixón.
  • Science Experiments with Simple Materials, administrado polo docente grego Manolis Kousloglou.

O enfoque STEM está irrompendo con forza no mundo educativo. Parece lóxico posto que, no día a día, o coñecemento, as situacións e os problemas aos que lles temos que facer fronte non están separados en materias. Desde eTwinning ofrécense numerosas opcións para traballar este enfoque na aula, xa sexa a través de proxectos de colaboración enfocados a fomentar o protagonismo do alumnado, a motivalos, a espertar a súa curiosidade, a que se formulen preguntas, …, ou nos grupos de temática STEM. Desde o SNA invitámosvos a descubrir todos estes recursos, a coller as ideas que consideredes oportunas e a empezar a traballar en eTwinning-STEM.

 

etwinning_stem_2
Designed by Freepik

Fonte das imaxes: