Titorial que che indica paso a paso como engadir docentes socios a un proxecto.
Unha vez aprobado o proxecto polos SNAs dos dous socios fundadores, pódense engadir 1 ó proxecto tantos socios como se queira.
1) Accede ó teu Escritorio eTwinning Live.
2) Asegúrate de que o socio novo que vai engadir ó proxecto está na túa lista de contactos.
3) Fai clic na pestana PROXECTOS e sitúate no proxecto ó que vas engadir o socio. Fai clic en Engadir socios novos.
4) Aparecerá esta páxina. Le con atención o texto da dereita sinalado como “importante”.
5) Selecciona ó socio novo (poden ser varios) e fai clic en INVITAR.
6) Enviouse a invitación para participar no proxecto ó socios(s) seleccionados.
7) No Escritorio do socio invitado, e na icona de NOTIFICACIÓNS (na parte superior do lateral dereito) aparecerá unha mensaxe coa invitación. Ten que ACEPTAR.
8) Unha vez aceptada a invitación aparecerá(n) como membro(s) do proxecto.
****************************
1 Soamente os socios fundadores e os socios con perfil ADMINISTRADOR poden invitar a outros socios ó proxecto.
Observacións:
• Por defecto, os docentes son invitados ó proxecto con perfil de “membro”.
• Os socios administradores poden cambiar o perfil do socio-membro a socio-administrador.
• Esa acción volcarase no TwinSpace, pero non viceversa.
• Tamén se pode borrar a calquer socio invitado. Os únicos socios que non puoden ser borrados son os socios fundadores.