Embaixadores
Embajadores eTwinning
Que é un Embaixador eTwinning?
En efecto, trátase dun docente representativo da acción eTwinning, e moito máis. É un docente entusiasta, cunha ampla experiencia no programa, que participou en numerosos proxectos, conseguiu o recoñecemento de Selo de Calidade Nacional ou Europeo unha ou varias veces, ou foi galardoado co Premio Nacional ou Europeo eTwinning, que fai unha intensa difusión dos beneficios do programa e presta axuda a outros docentes que se están iniciando en eTwinning, tanto en asuntos de carácter técnico coma pedagóxico.
En resumo, os embaixadores eTwinning son profesionais que se distinguen non só polas boas prácticas, senón tamén polo fomento da metodoloxía de traballo en colaboración baseado en proxectos. En España contamos cun nutrido grupo de embaixadores, con representación en todas as comunidades e cidades autónomas.
Por que xorde a figura do embaixador?
Entre os membros da rede de embaixadores hai profesorado de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional.
Que poden facer por ti e mais polo teu centro escolar?
Asesoran sobre os procedementos en eTwinning
Elaboran documentos de consulta
E están preto de ti.
Quen os nomea?
O nomeamento dun embaixador é unha iniciativa conxunta do SNA e dos responsables do programa nas diferentes comunidades e cidades autónomas.
Como contacto con eles?
É moi sinxelo. Accede a eTwinning Live e preme na pestana PERSOAS, selecciona o país e mais a rexión. Elixe o tipo de usuario "Embaixador" e accederás á listaxe de embaixadores da comunidade autónoma que che interese.
Para te dirixires a el podes utilizar o correo electrónico da plataforma.
Neste mapa podes ver a distribución dos embaixadores.
Tamén podes visitar o Blog de embaixadores que pretende ser un escaparate das accións formativas e de difusión levadas a cabo polos embaixadores, ademais dun espazo para o intercambio e a comunicación. Aquí vas atopar ideas, exemplos, ferramentas, etc.
Co seu apoio, sentiraste acompañado, e todo che resultará máis fácil.
Ademais dos embaixadores, podes contactar co representante eTwinning na túa comunidade ou cidade autónoma e, por suposto, co Servizo Nacional de Apoio.
Fonte das imaxes: Servizo Nacional de Apoio eTwinning.
Últimas noticias Embajadores


eTwinning en la etapa de Educación Infantil (ECEC)
14 Abril, 2023

La participación y colaboración de las familias en la educación
22 Febreiro, 2023

Visita al CEIP Juan XXIII de Murcia
9 Decembro, 2022

Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro
20 Setembro, 2022