Titorial que che indica paso a paso como crear un evento online-videoconferencia


1. Accede ó teu Escritorio eTwinning Live e selecciona a pestana EVENTOS.

2. Na parte lateral esquerda fai clic en CREAR EVENTO. Na pantalla que aparece, fai unha breve descrición do evento –información básica- e sinala que se trata dunha ACTIVIDADE EN LIÑA.

Fai clic no PASO SEGUINTE.

3. Na nova ventá que aparece, engade máis información sobre a actividade. Fai clic en PASO SEGUINTE.

4. Elixe quen pode participar na videoconferencia. Pon a duración, fai clic sobre o campo baleiro de debaixo de data e sairanche os meses do ano, elixe a data, seguidamente fai clic en BUSCAR (o horario) e selecciona a banda horaria que queiras (entre as que che ofrece a plataforma). Fai clic en PASO SEGUINTE.

5. O sistema saca a lista de contactos (é o que seleccionaches no paso anterior). Elixe os que queiras que participen na videoconferencia. Fai clic na parte inferior da páxina en INVITAR A X PERSOAS.

6. Puedes seleccionar herramientas que estarán disponibles durante la sesión en vivo. No es necesario señalar ninguna herramienta. Haz clic en VISTA PRELIMINAR.

7. O sistema abre unha nova páxina cos datos do evento. Se todo é correcto, fai clic na parte inferior da páxina en ENVIAR.

8. Comproba que o evento se encontra entre os eventos que programaches. Vai á pestana EVENTOS e ós TEUS EVENTOS.

9. Tamén aparecerá entre a lista dos eventos programados ó facer clic no calendario, na data fixada.