Titorial para actualizar o centro escolar cando cambias de centro.


Se cambiaches de centro escolar, actualiza o tu perfil. ¡Non modifiques a información do centro anterior! tan só tes que marcalo no teu perfil como non activo.

1.- Accede ó teu escritorio persoal eTwinning Live. www.etwinning.es ou www.etwinning.net

2.- Na parte lateral esquerda ó lado da fotografía/imaxe do perfil persoal, fai clic en Modificar (ó lado dun lapis).

5_1

3.- Fai clic en OS MEUS CENTROS ESCOLARES. Na ventá que aparece, indica que NON traballas no centro escolar que tes activo actualmente.

5_2

GARDA os cambios.

4.- Para introducir os datos do novo centro, debes ir a “ENGADIR UN CENTRO ESCOLAR”.

5_3_1

5.- Fai clic en ENGADIR UN CENTRO ESCOLAR. Na pantalla que aparece selecciona o país, a Comunidade Autónoma e a localidade.

5_4

Primeira opción: Fai clic en BUSCAR.

6.- Na parte inferior aparecerache o listado cos centros escolares rexistrados en eTwinning desa localidade. Se entre o listado está o centro que buscas, fai clic en Este é o meu centro escolar.

5_5

7.- Aparece unha páxina para cumprimentar.

5_6

8.- Ó facer clic en SEGUINTE, continúa o formulario sobre o novo centro escolar (idea de proxecto, idade de alumnos, kits, idiomas, materias). Finalmente fai clic en VISTA PRELIMINAR.

5_7

9.- Se ó repasar a información todo está correcto, fai clic en ENVIAR.

5_8

10.- Comproba que o novo centro escolar aparece asociado ó teu perfil.

5_9

**********************************************

Segunda opción: Se ó facer a busca, non atopas o centro, fai clic en ¿Non atopas o centro que buscas?

5_10

Aparecerá un formulario para cumprimentar cos datos do centro escolar (nome, enderezo postal, código do centro, datos de contacto, datos do director/a, correo electrónico, outros).

5_11

Introduce toda a información requirida actualizada. Trátase da primeira vez que se rexistra este centro escolar na plataforma eTwinning.

Después da vista preliminar, non te esquezas de facer clic en ENVIAR.

Observación: O sistema distingue entre maiúsculas e minúsculas, tilde-sen tilde. E non respecta a orde alfabética, polo que Málaga p.ex. aparecerá detrás de Molinos. Isto hai que telo en conta cuando se busquen as localidades xa inscritas. Nun primeiro intento pode parecer que “non está o centro rexistrado” pero en realidade si que está.

Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

One comment

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *