Neste titorial indícase paso a paso como invitar ao TwinSpace do proxecto un usuario Visitante.
- Accede ao TwinSpace do proxecto e preme en MIEMBROS.
2.- Preme en Invitar a miembros.
3.- Agora, preme en Personas invitadas (Visitantes)
4.- Selecciona Nuevas personas invitadas/Nuevo Visitante. Escribe o nome e mais os apelidos do usuario visitante.
E premes en VERIFICAR.
- O sistema devólveche esta pantalla na que xa aparece o nome de usuario. Elixe o contrasinal.
6.- Preme en INVITAR. O sistema devolve esta ventá.
Na parte dereita aparece unha “marca” que indica que o usuario foi correctamente invitado.
O nome de usuario e o contrasinal elixidos envíasllos á persoa invitada/Visitante e xa poderá acceder con normalidade.
Observa que para invitar un Visitante non se utilizou ningún enderezo de correo.
Fonte das imaxes: elaboración propia