Premio Nacional eTwinning 2019: “Monumental Europe”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Monumental Europe”

O proxecto “MONUMENTAL EUROPE ” fundado pola docente Fina Vendrell Vila do Col·legi Sant Josep de Navàs, Cataluña, España e Sophia Kouzouli de Grecia, con socios en Francia, Polonia e Italia, foi gañador do Premio Nacional eTwinning 2019.

O proxecto Monumental Europe desenvolveuse durante o curso escolar 2017-18 co gallo do ano do Patrimonio Cultural Europeo 2018. O feito de que o alumnado fose de cinco países diferentes e de distintas etapas educativas (ciclo medio, ciclo superior de primaria e educación secundaria) non foi ningún problema, ao contrario, permitiu un enriquecemento maior coas achegas nas distintas actividades do proxecto.

Trátase dun proxecto interdisciplinario, onde o patrimonio e a cultura europea tiveron un papel destacado á parte de lle permitir ao alumnado coñecer novos amigos que viven a máis de 2000 km de distancia. Co desenvolvemento do proxecto puideron mellorar o seu nivel de comunicación na lingua estranxeira inglés e perfeccionar ao mesmo tempo o coñecemento de ferramentas TIC dado que foron quen de mostrar todo o material creado e actividades realizadas no Twinspace do proxecto.

Desenvolvemento do proxecto.

Co gallo do ano do Patrimonio Cultural Europeo 2018 tiven a iniciativa de crear un proxecto eTwinning con esta temática e, grazas a eTwinning live, atopei socios interesados en unirse ao proxecto. Precisamente, a socia de Francia, Cécile era principiante en eTwinning e alegreime diso porque como embaixadora eTwinning pensei que podería axudala en calquera dúbida ou necesidade que se presentase polo camiño. A título persoal, o seu premio foi unha gran satisfacción para min, síntome tamén un pouco premiada por iso.

Desde un principio os cinco socios mostráronse responsables, moi motivados e con ganas de lles transmitir o seu entusiasmo a todos os alumnos implicados e mesmo a outros profesores da escola.

Ao alumnado marcóuselle o obxectivo desde o principio: imos coñecer Europa, os seus monumentos, países e mais a xente dunha forma cooperativa e interdisciplinar: crearemos maquetas, deseñaremos, cantaremos, viaxaremos cunha mascota, e mesmo sacaremos o noso proxecto á rúa e transmitirémoslles o valor do noso patrimonio aos cidadáns das nosas vilas e cidades mediante un concurso público.

Como é habitual en calquera inicio de proxecto eTwinning, empezamos con algunhas actividades para que o alumnado de ambos os dous países empezase a coñecerse. A máis divertida foi “Mistery Skype“:  mediante videoconferencia e con tabletas e mapas na man, os nosos alumnos preguntáronlles “YES/NO questions” aos seus compañeiros sen saber de onde eran. Ao final chegaron a descubrir o seu país e mais a súa cidade. O mesmo fixeron despois eles con nós.

Realizamos moitas actividades cooperativas ao longo do proxecto, algunhas das máis destacadas son:

Monumental Europe Calendar 2018 coa colaboración no foro de mensaxes relacionadas co valor do patrimonio cultural, ademais das fotografías das maquetas dos monumentos e países dos centros socios elaborados previamente en grupos transnacionais.

Outra das actividades que máis lles gustou aos alumnos foi o “Monumental Europe shopping contest“, o concurso sobre monumentos europeos para os cidadáns das nosas vilas e cidades. Os alumnos deseñaron un póster con cinco dos nosos monumentos e leváronos aos escaparates das tendas, concellos etc… xunto cunha urna para que os cidadáns escribisen a solución do nome e país dos monumentos, o seu nome e o seu teléfono. O gañador de cada país obtivo un premio e un certificado de participación.

Outra das actividades que hai que destacar foi ” Monumental Europe Hymn“, escollemos a significativa canción ” Amigos para siempre” e utilizando a ferramenta 2.0 “meetingwords” cada país escribiu unha estrofa coa súa lingua ademais do retrouso en inglés. Cantar a canción en seis idiomas diferentes, gravala e mesmo presentala no festival de fin de curso foi unha grande experiencia.

Mentres o proxecto estaba en pleno desenvolvemento unha pequena mascota chamada “ME the red dragon mascot” empezou a viaxar coa súa maleta, diario persoal e algúns recordos” cara aos cinco países participantes. Alí foi anotando as súas experiencias con fotografías cos alumnos e vivencias máis peculiares. Comeu espaguetes, xogou coa neve e mesmo foi a “ballet” cunha amiga de Grecia! Ao final chegou de novo a Cataluña, cun diario cheo de vivencias e experiencias que contar.

Finalmente, chegara o momento de demostrar a parte máis artística e creativa de todo o alumnado. Tratábase de deseñar un monumento europeo para que simbolizase a unión de todos os países de Europa e puidese ser situado na praza central de Bruxelas, como capital europea. “The Stone dome” do col·legi Sant Josep de Navàs, foi o monumento gañador, que aínda está en espera de ser reproducido en tamaño real e situado na capital europea!

Xurdiron problemas, nalgúns casos por mor do horario non coincidiamos para organizar videoconferencias, ás veces mentres uns estaban de vacacións os outros tiñan que esperar. Ás veces tampouco resulta fácil chegar a entender ou facer entender a idea concreta que un ten, sorte que coa vontade e mais a amabilidade de todos puidemos chegar sempre a bos acordos e boa comunicación.

Realizamos a avaliación, alumnos, profesores e mesmo familias. Todas contan moito pero a dos alumnos sobresae. Cando alumno di: “Hard, but very interesting” ou “it’s my first eTwinning project, but great”! ou “I would like to meet my other partners from other countries”, “Good way to learn” “I’d like all the pupils had the opportunity to make an eTwinning project like this”… con isto abonda para coller enerxía e empezar con novas ideas!

Beneficios para o centro, o profesorado e mais o alumnado

O proxecto en si permitiu internacionalizar o centro, integrar o proxecto no currículo e traballar PBL, implicar varios profesores en varias das actividades, aprender inglés, ferramentas TIC cun propósito importante e significativo.

O proxecto foi difundido nos cinco países de forma considerable: presentación cos alumnos no Departament Ensenyament Catalunya, SSTT Catalunya Central, envióuselle un “ME Calendar 2018” ao presidente Mattarella en Italia, presentouse en obradoiros eTwinning en Pyrgos e Patra, en Grecia, apareceu no xornal de Sardeña.

Para saber máis…

Se queres coñecer máis sobre o noso proxecto, podes visitar: https://twinspace.etwinning.net/44435/home

Artigo escrito por Fina Vendrell Vila

Fonte das imaxes: elaboración propia

 

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Recomendacións Uncategorized
Reglamento de protección de datos (información básica)

En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.

Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.

Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.

Dejar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *