Síguenos:
  •  
  •  
  • Search
    Close this search box.

    Inxenio e Talento eTwinning: Presentacións con Emaze

    Emaze, unha sinxela aplicación para realizar impactantes presentacións

    Ángel Luis Gallego, embaixador eTwinning en Extremadura e docente de Latín no IES Vegas Bajas de Montijo (Badajoz) amósanos Emaze, unha interesante ferramenta para crear presentacións online.

    Para un dos cursos de formación que estamos impartindo na nosa Comunidade Autónoma quixen utilizar un programa distinto a Prezi pero que tivera a mesma forza visual. E escollínEmaze.

    emaze_1_2015

    Emaze é unha ferramenta web 2.0 que serve para crear presentacións online. O seu punto forte estriba na súa sinxeleza de manexo e na espectacularidade das súas plantillas predeseñadas. Pode visualizarse e editarse en calquer dispositivo (ordenador, tablet, smartphone). Incluso inclúe unha ferramenta de tradución. Na súa opción gratuíta permítenos dispoñer 200 MB de almacenamento para todos os nosos proxectos, pero tamén podemos solicitar unha conta con fins educativos. O resultado do teu traballo  pódese embeber directamente nunha páxina web ou nas redes sociais.

    emaze2_2014

    Unha vez rexistrados, accedemos ó noso escritorio. Nel atopamos tres pestanas:

    • MY, onde podes ver as túas presentacións e crear unha presentación nova.
    • SHARE, onde atoparás as presentacións que compartiches.
    • EXPLORE,  desde onde accedes a outras presentacións públicas gardadas na Biblioteca do programa.

    emaze3_2015

    Emaze permíteche subir unha presentación .pptx ou crear unha nova co propio programa. Se preferimos isto último, temos que facer clic en + e escoller unha plantilla das cerca de 40 que a aplicación ofrece. Algunhas delas son en 3D; outras ofrecen 3 ou 4 temas diferentes.

    emaze4_2015

    Unha vez escollida a plantilla, Emaze lévanos á mesa de traballo, cunha barra de ferramentas moi intuitiva que permite escoller diferentes formatos de texto, incluír imaxes, incrustar calquera tipo de obxecto e engadir formas e gráficos.

    emaze5_2015

    Fixádevos na variedade de materiais que permite incrustar: audios, vídeos, mapas, animacións, etc.

    emaze6_2015

    Cando facemos clic sobre un texto aparécenos unha barra de ferramentas propia con opcións tan chamativas como Fx ou 3D.

    emaze7_2015

    Na parte esquerda amósanse as diversas diapositivas que vas creando. Se queres engadir unha pulsa sobre o botón “+ Slide”. Tamén podes crear seccións dentro da túa presentación. Por outro lado, ó poñer o rato sobre cada unha das diapositivas encontras as opcións de borrar, duplicar e configuración.

    emaze8_2015

    Non te olvides de ir gardando o teu traballo cada certo tempo, e observa cómo che vai quedando. Para isto utiliza os botóns situados na parte superior.

    emaze9_2015

    Desde o botón de Play (ou desde o escritorio principal) accedes ás funcións de compartir, tradución, impresión, descarga (só coa versión de pago) e duplicar.

    emaze10_2015

    O programa permíteche compartir a túa presentación directamente nas redes sociais, e facilítache o código embed para que o incrustes no teu proxecto eTwinning. Aquí, na parte inferior, é onde a presentación che permite que sexa colaborativa, engadindo o email. Lamentablemente por agora é unha opción de pago.

    emaze11_2015

    Como vedes, Emaze é unha ferramenta moi sinxela e impactante que podemos utilizar nos nosos proxectos eTwinning. Con ela podemos realizar numerosas actividades, tales como creación de vocabularios, un periplo viaxeiro, explicar obras de Arte, analizar ou traducir textos e utilizalo como base para unha discusión nun foro,  amosar imaxes do entorno ou históricas, etc.

    Importante sobre o uso de Emaze:

    Tanto a descarga como a colaboración nunha mesma presentación faise a través de suscrición de pago, aínda que con prezos reducidos no caso de profesores.

     

     

    Fonte imaxes: Pantallazos ferramenta Emaze.

    Últimas entradas
    Prototipo de proyecto "Festival de cine"
    September 2023
    Prototipo de proyecto 'Regreso al futuro'
    September 2023
    Planificación de un proyecto eTwinning con Google Docs
    September 2023
    Coido o meu medio
    September 2023
    Relevancia
    Sin categoría
    Etiquetas frecuentemente
    Enseñanza Primaria

    Publicacións relacionadas

    Resultados de la iniciativa Move2Learn, Learn2Move
    11/09/2017
    Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro
    22/09/2023
    eTwinning, éxito escolar para todos
    22/09/2023

    Leave a Reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Filtros

    Filtrar por Idade
    Filtrar por Idade
    Estado
    País
    Skip to content