eTwinning School
eTwinning School
VALORES
Comprometidos cun modelo de liderado compartido
A coordinación dos centros educativos eTwinning é compartida. O equipo directivo valora as posibilidades que ofrece eTwinning, tanto a nivel pedagóxico como profesional, integrándoas nas directrices do centro e anima activamente ao profesorado a participar nas actividades de eTwinning.
Os centros eTwinning son colaborativos
O profesorado traballa en equipo para planificar actividades educativas e de eTwinning, compartindo as súas experiencias e prácticas tanto dentro como fóra do centro. Deseñan un plan de acción eTwinning para promover a innovación e ofrecer unha experiencia educativa máis ampla e rica.
Os estudantes son axentes de cambio
Papel activo do alumnado. A súa participación impulsa e amplifica as innovacións educativas e tecnolóxicas do centro.
Son modelo para otros centros
Inspiran e guían a outros centros, promovendo activamente eTwinning e difundindo os seus logros a través de xornadas de portas abertas, sesións informativas... Son proactivos á hora de crear oportunidades de desenvolvemento profesional abertas a outros centros da súa zona.
Son organizacións educativas inclusivas e innovadoras
Comprometidos coa inclusión en todos os ámbitos e co centro como unha organización educativa integral. A través de eTwinning, imparten o currículo empregando modelos pedagóxicos innovadores e unha multitude de enfoques: aprendizaxe cooperativa, educación centrada no alumno e horarios e espazos de aula flexibles.
Cales son as vantaxes de ser un centro eTwinning?
Coa acreditación eTwinning School recoñécese e valórase a implicación, o compromiso e a dedicación non só de cada un dos membros eTwinning, senón de todo o centro escolar, no que traballan xuntos equipos de profesores e directores.
Son centros recoñecidos oficialmente a nivel europeo como modelos a seguir, e forman unha rede de escolas líderes para inspirar o desenvolvemento futuro da colaboración.
Os requisitos para ser centro elixible (datos última convocatoria) son:
- O centro educativo debe levar máis de 2 anos rexistrado en eTwinning.
- Contar polo menos con 3 profesores eTwinning del centro que participasen en proxectos, desenvolvemento profesional ou outras actividades.
- Ter obtido polo menos un selo de calidade nacional por un proxecto europeo eTwinning desde a data indicada na convocatoria.
Consellos para facer unha boa aplicación