Síguenos:
  •  
  •  
  • Search
    Close this search box.

    Os espazos de traballo en eTwinning

    Desde que un profesor entra en contacto por primeira vez con eTwinning ata que conclúe un proxecto, vai completando unha serie de fases, con ferramentas e utilidades que teñen distintas funcións e niveis de privacidade.

    Tres son os niveis ou plataformas:

    • os portais europeo e español: públicos
    • eTwinning Live: acceso restrinxido. É só para docentes.
    • TwinSpace: acceso restrinxido. É só para os membros participantes nun proxecto (docentes, alumnado, outros axentes).

    edificio     O Edificio Público: O Portal europeo e O portal Español

    En primeiro lugar, atopamos os portais, tanto o do Servizo Central de Apoio (http://www.etwinning.net/) como o do Servizo Nacional de Apoio (http://www.etwinning.es/ ). Son públicos, con acceso para calquera usuario, estea ou non rexistrado en eTwinning.

    Os portais teñen tres obxectivos básicos: a información, o asesoramento e a visibilidade. Neles publícanse noticias e novidades relacionadas con eTwinning, mantendo ós usuarios ó día do que ocorre no programa. Tamén se ofrecen documentos, guías e ideas que poidan servir de orientación e axuda para os profesores que queiran iniciar ou estean traballando en proxectos eTwinning, así como medios de contacto cos Servizos Central e Nacional. Así mesmo, os proxectos que acreditan certo nivel de calidade son publicados nos portais: proxectos con Premios nacionais ou europeos, Selos de Calidade, outros proxectos que merece a pena difundir… Ademais, hai entrevistas a profesores, blogs, etc. Tanto as boas prácticas de proxectos como as opinións dos usuarios serven para dar visibilidade ás boas prácticas e son unha fonte de inspiración e ideas para outros profesores.

    Recorda que a través do Portal Europeo (http://www.etwinning.net/ )realízase o rexistro en eTwinning e pódese acceder a outras plataformas utilizando as claves de acceso.

    freepik       A Sala de Profesores:  eTwinning Live

    Unha vez inscrito en eTwinning,  o docente ten acceso  a un espazo  virtual denominado eTwinning Live, un espazo fundamentalmente social. Nel poderá actualizar a súa información e a do seu centro, e atopará ferramentas para contactar con profesores do resto de Europa (buscador de socios, axenda de contactos, xestor de proxectos, foro, mensaxería interna, ferramenta de videoconferencia…). En definitiva, é a nosa ventá ó resto de Europa. eTwinning Live pódese personalizar; e desde aquí, o docente pode xestionar os seus proxectos

    As funcións básicas que se poden realizar desde o escritorio eTwinning Live son:

    • Xestionar o noso perfil. Poderemos modificar os datos utilizados na inscrición en eTwinning, tanto os referentes a nós como os referentes ó noso centro de traballo.
    • Buscar un socio. Trátase de encontrar un ou máis docentes europeos que teñan o perfil que desexemos para iniciar un proxecto de eTwinning.
    • Xestionar os proxectos existentes. Poderemos ver novidades sobre eles, acceder ó seu entorno de traballo colaborativo, utilizar as tarxetas de proxecto, engadir socios, etc.
    • Organizar e formar parte de  eventos e comunidades de docentes (grupos).  
    • Participar en oportunidades de desenvolvemento profesional.

     

     

    aula         A aula de traballo con alumnos: TwinSpace

    Unha vez aprobado un proxecto, os profesores e alumnos participantes, dispón dun espazo seguro de traballo (TwinSpace) onde levar a cabo todas as actividades.  Trátase da aula de traballo virtual compartida por todos os membros participantes no proxecto.

    O TwinSpace é o lugar de traballo dos centros socios dun proxecto, o espazo no que se desenvolven as actividades planificadas. Alumnos e profesores son os principais usuarios do TwinSpace; poden participar nel dependendo do perfil de acceso de cada un.

    O TwinSpace é un espazo privado, ó que só poden acceder aquelas persoas que  teñan sido dadas de alta polos administradores. Está pensado para que tamén inclúa entre os seus membros a persoas que non están rexistradas na plataforma eTwinning, o que permite que alumnos, pais ou otros profesores traballen no proxecto ou vexan o que está sucedendo nel.

     

     

    Últimas entradas
    Prototipo de proyecto "Festival de cine"
    September 2023
    Prototipo de proyecto 'Regreso al futuro'
    September 2023
    Planificación de un proyecto eTwinning con Google Docs
    September 2023
    Coido o meu medio
    September 2023
    Relevancia
    Sin categoría
    Etiquetas frecuentemente
    Enseñanza Primaria

    Publicacións relacionadas

    Resultados de la iniciativa Move2Learn, Learn2Move
    11/09/2017
    Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro
    22/09/2023
    eTwinning, éxito escolar para todos
    22/09/2023

    Leave a Reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Filtros

    Filtrar por Idade
    Filtrar por Idade
    Estado
    País
    Skip to content