22 de September de 2023

Cando un docente se rexistra por primeira vez en eTwinning, ou unha vez rexistrado, cambia de centro escolar, o rexistro pasa por un proceso de validación que consiste en:

  • O responsable eTwinning na Comunidade ou Cidade Autónoma á que pertence o docente envía unha notificación por correo electrónico ó/á director/a do centro escolar para confirmar a veracidade dos datos proporcionados no formulario de rexistro.
  • O/a director/a do centro escolar, seguindo as instruccións do email recibido, responde ó responsable da Comunidad ou Cidade Autónoma confirmando a veracidade dos datos, e no caso de que algúns deses datos non sexan correctos, solicitará a actualización dos mesmos. .
  • O responsable eTwinning comunica ó SNA a aceptación do rexistro.
  • o SNA eTwinning valida o rexistro na plataforma online.

Para que o proceso se desenvolva no menor tiempo posible, é necesario que os datos do/a director/a estean actualizados no perfil do centro escolar. É recomendable o uso do enderezo de correo electrónico institucional, de tal forma que o proceso de comunicación non se vexa interrumpido polos cambios que haxa  na dirección. 

Os datos do/a director/a modifícanse desde eTwinning Live, Modificar perfil, MIS CENTROS ESCOLARES, e na parte inferior da páxina aparece DATOS DO/A DIRECTOR/A.  

 

É posible que  no intervalo de tempo que vai desde que fas o rexistro na plataforma ata que este se valida recibas unha invitación para unirte a algún proxecto.  Aparecerache un aviso no teu perfil do Escritorio eTwinning Live con esta mensaxe:

 

A  túa conta está sendo revisada polo Servizo Nacional de Apoio do teu país

Este aviso aparece porque “ata que o teu perfil non estea validado, o sistema non che permitirá unirte a un proxecto”.

 


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


Go to Top Skip to content