Síguenos:
  •  
  •  
  • Search
    Close this search box.

    SOS Planet. Robotics project

    SOS Planet é un proxecto de mobilidade Erasmus + eTwinning entre centros escolares de Grecia Eslovaquia, Polonia, Turquía e España, no que participan alumnos con idades comprendidas entre 9 e 18 anos. O proxecto persegue o desenvolvemento de competencias lingüísticas en lingua estranxeira (inglés) no alumnado, ó tempo que aprenden programación, robótica e abordan temas medioambientais. A metodoloxía de traballo é a aprendizaxe baseada na resolución de problemas. O proxecto lévase a cabo de forma cooperativa a través de equipos internacionais de 5 alumnos que plantexan retos e desafíos ó resto. Equilíbrase a formación teórica coa aprendizaxe manipulativa con robots que son programados polos propios alumnos para que efectúen a tarefa ou reto plantexado.

    Spanish mobility in SLOVAKIA. from Proyecto SOS on Vimeo.

    Este proxecto enmárcase dentro do plan de estudos de secundaria no ámbito de tecnoloxía e inglés. Por un lado, o inglés é a lingua vehicular de traballo para explicar os procesos, relacionarse, intercambiar ideas e comunicarse. Por outro, desde a área de tecnoloxía programan, explican procesos e resolven os problemas presentados construíndo os mecanismos necesarios. Estes procesos están documentados con vídeos e tutoriais presentados polos propios alumnos.

    tablero robots

    O desenvolvemento do proxecto permitiu ata 4 reunións transnacionais. Alumnos e docentes poideron comunicarse por email, grupo Whatsapp, foro TwinSpace e a través de boletíns de noticias mensuais. Tamén se realizaron videoconferencias entre os centros participantes. O proxecto integra actividades diversas como vídeos de presentación de escolas, presentación de alumnos a través de tableiros en liña (Padlet), concurso de ideas e votación de logo de proxecto (Tricider) e enquisas entre alumnos para propoñer actividades usando formularios de Google Drive.

    Na colaboración aproveitaron os puntos fortes de cada centro escolar: España (Fundación Institución Cultural Domus-Godella, Valencia) os seus coñecementos de robótica, Grecia os seus coñecementos de WordPress e robótica, Eslovaquia a súa experiencia en mobilidades, coñecementos informáticos e deseño de boletíns en liña (newsletter) e Polonia polo seu coñecemento do TwinSpace e experiencias en anteriores proxectos. Cada mes, os responsables en cada centro envían un resumo das tarefas realizadas ó coordinador para facer o boletín mensual que se comparte no TwinSpace co resto de socios.

    Lego Mindstorm Proyecto SOS Planet

    Os retos propostos preséntanse no formato dunha misión ficticia  na que o alumnado explica a través de videotutoriais como hai que programar o robot para que poida desempeñar a tarefa programada. Os desafíos realízanse nos distintos países onde ten lugar a mobilidade. Unha vez finalizado o reto o alumnado avalía o traballo realizado a través de rúbricas. Tamén hai retos sobre ecoloxía, como  descubrir a acción das plantas na captación do CO2.

    Spain : Mission 1task 1 from Proyecto SOS on Vimeo.

    A teconoloxía esta moi presente no desenvolvemento do proxecto, tanto na temática elexida (programación robótica) como no seu deseño e a súa difusión. Os alumnos traballan co hardware e software de Lego Mindstorm. Realízanse videotitoriais que se comparten usando Vimeo e compártense os boletíns dixitais (newsletters) usando a ferramenta Spark Adobe. O proxecto conta ademais cun blog en WordPress para dar visibilidade e difusión ós resultados finais e un grupo en Facebook.Utilizan tableiros Padlet para compartir mensaxes e imaxes, Tricider para a elección do logo, As newsletters realizáronas a través de Spark Adobe https://spark.adobe.com/page/80F05/ e tamén crearon o blog “SOS Planet Erasmus” na plataforma WordPress. https://sosplaneterasmus.wordpress.com

    grupo Facebook de proyecto

    Felicitamos a docentes e alumnado participante por conducir con acerto un proxecto que promove la colaboración europea e o desenvolvemento de competencias lingüisticas e dixitais. Animámolos a seguir participando en futuros proxectos e seguir abordando con éxito novos retos.

    Enlace ó TwinSpace do proxecto: https://twinspace.etwinning.net/11157/home

     

     

    Últimas entradas
    Cartel decorativo proyectos eTwinning ERASMUS+
    eTwinning e Erasmus+: sinerxías que inspiran proxectos de calidade
    November 2025
    Prototipo de proyecto "Festival de cine"
    September 2023
    Prototipo de proyecto 'Regreso al futuro'
    September 2023
    Planificación de un proyecto eTwinning con Google Docs
    September 2023
    Relevancia
    Sin categoría
    Etiquetas frecuentemente
    Enseñanza Primaria

    Publicacións relacionadas

    Resultados de la iniciativa Move2Learn, Learn2Move
    11/09/2017
    Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro
    22/09/2023
    eTwinning, éxito escolar para todos
    22/09/2023

    Leave a Reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Filtros

    Filtrar por Idade
    Filtrar por Idade
    Estado
    País
    Skip to content