Síguenos:
  •  
  •  
  • Search
    Close this search box.

    A avaliación nos proxectos eTwinning

    A miúdo asúmese que a avaliación se leva a cabo cara o final dun proxecto para probar algo, pero tamén temos que ter en conta que pode e debe ser incorporada como parte do proceso. A avaliación é parte esencial de calquera proxecto e polo tanto debe ser tida en conta desde o mesmo momento que decidimos poñer en marcha algún. A avaliación ten sentido se é útil para a toma de decisións, para a mellora do proceso e o programa; ten que poder realizarse en todo momento e nun continuo que vai dende o formativo ata o sumativo e final; todo isto tendo en conta os destinatarios, as distintas audiencias” (Luis Miguel Miñarro López, embaixador eTwinning, Avaliar para aprender e mellorar nun proxecto eTwinning).

    “A avaliación sérvenos para diagnosticar onde estamos y que nos fai falta. A avaliación educativa é un proceso continuo de revisión e valoración baseado en 4 pilares:

    1. Unha boa planificación
    2. Obtención da información significativa
    3. Análise e interpretación valorativa dos resultados 
    4. Toma de decisións para mellorar a aprendizaxe”

    (Ángel Luis Gallego Real, embaixador eTWinning, NOOC avalía e difunde o  teu proxecto eTwinning)

    “A avaliación é un fenómeno educativo que condiciona todo o proceso de ensino e aprendizaxe. Non se trata dun fenómeno esencialmente técnico senón dun fenómeno ético” (Miguel Ángel Santos Guerra, Unha frecha na diana: a avaliación como aprendizaxe).

    Tendo isto presente, na fase previa ó inicio dun proxecto educativo -na que se planifican os diferentes aspectos a ter en conta para que o seu desenvolvemento sexa un éxito-, a avaliación ten que ser un aspecto destacado que esixe reflexión.

    A planificación do proxecto –baseada nos criterios de calidade eTwinning- incluirá, entre outros, unha proposta de actividades, o proceso de traballo e a metodoloxía a empregar, os resultados que se queren alcanzar, as ferramentas máis axeitadas para levar a cabo as tarefas, etc. E todo isto condicionará o tipo de avaliación.  Os docentes socios do proxecto teñen que definir os mecanismos de avaliación, e para isto reformular os modelos tradicionais e valorar a necesidade de adoptar estratexias de avaliación alternativas.

    Neste artigo, Luis Miguel Miñarro López, e Ángel Luis Gallego Real, fan unha análise da importancia da avaliación, os tipos de avaliación, en que momentos convén facer a avaliación, que usuarios están implicados, algúns instrumentos de avaliación, formas creativas de avaliación, e exemplos de avaliación dalgúns proxectos eTwinning que poden ser modelo para outros.

    O obxectivo final destes documentos é amosar a importancia da avaliación nos proxectos para conseguir aprender máis e mellor, o alumnado e os docentes.  Fai clic en cada unha destas imaxes.

    A avaliación 

         

     

    Preparando a avaliación

     

    Instrumentos de avaliación 

    Rúbrica de avaliación

     

    Actividades e exemplos de avaliación  

     

    Ferramentas web de avaliación

     

    Documento completo

    Texto recomendado

    eTwinning como proxecto de transformación: a avaliación para a mellora 

     

    Fonte das imaxes: Pixabay e elaboración propia

    Últimas entradas
    Prototipo de proyecto "Festival de cine"
    September 2023
    Prototipo de proyecto 'Regreso al futuro'
    September 2023
    Coido o meu medio
    September 2023
    Booky's Books for you
    September 2023
    Relevancia
    Sin categoría
    Etiquetas frecuentemente
    Enseñanza Primaria

    Publicacións relacionadas

    Resultados de la iniciativa Move2Learn, Learn2Move
    11/09/2017
    Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro
    22/09/2023
    eTwinning, éxito escolar para todos
    22/09/2023

    Leave a Reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Filtros

    Filtrar por Idade
    Filtrar por Idade
    Estado
    País
    Skip to content