22 de September de 2023

O rexistro en eTwinning  fano persoas físicas, docentes a título individual. O rexistro  dun docente vai ligado ó centro escolar no que desempeña docencia.  

O rexistro consta de tres fases:

  • Preinscrición
  • Mensaxe de correo electrónica
  • Cumprimentar formulario con datos profesionais.

Fase_1:

1.- Fai clic en calquera destes dous enlaces:

a) Portal nacional:  www.etwinning.es

b) Portal europeo:  www.etwinning.net

2.- Busca a icona de Rexistro/Inscrición:

portal nacional

portal europeo

3.- Fai clic en calquera destes epígrafes e lévate á mesma páxina de PREINSCRICIÓN, que contén este pequeno formulario:

0_3

Cumprimenta todos os campos (nome, apelidos, enderezo de correo electrónico, nome de usuario*, contrasinal….) e non te esquezas de seleccionar o recadro que está en vermello na parte inferior.  Aparecerá o botón SUBMIT/ENVIAR, fai clic nel.

*Ten en conta que o nome de usuario non o poderás cambiar posteriormente.

Fase_2:

4.- Unha vez cumprimentada a Preinscrición, recibirás unha mensaxe no buzón de correo do enderezo de correo electrónico que puxeches que contén un enlace:

0_4

Fase_3:

5.- Fai clic en dito enlace, aparece unha ventá onde hai que encher varios formularios; neles tes que incluír os datos do centro escolar** e do teu labor profesional. Se o centro xa está rexistrado por un usuario anterior, selecciónalo da lista na que aparece.

0_5**Ten a man o código do centro escolar, o enderezo de correo electrónico do centro escolar, o enderezo de correo electrónico do/a director/a, o enderezo da páxina web institucional, o número de teléfono do centro escolar.

 

6.- Unha  vez cumprimentados os formularios, xa poderás acceder*** á plataforma co nome de usuario e o contrasinal que elexiches na preinscrición.

***Podes acceder durante un tempo limitado. O teu rexistro está pendente de validación. Este é un proceso interno que se fai desde o SNA.


 

 

 


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


Go to Top Skip to content