Desde o lanzamento do programa Erasmus+ en xaneiro de 2014, son moitas as consultas que recibimos sobre diferentes aspectos de eTwinning e de Erasmus+. Nalgunhas obsérvase certa confusión nos usuarios ó asignar características dunha acción á outra e viceversa. Aínda que son iniciativas relacionadas (eTwinning forma parte de Erasmus+, Guía do programa Erasmus+), teñen características que se diferencian..
eTwinning lanzouse en xaneiro de 2005 e comezou sendo parte do programa eLearning. Posteriormente estivo integrado no Programa Comenius como unha medida de acompañamento, era a acción 10 [COM10]. Actualmente, na estrutura do programa Erasmus+, eTwinning está encravado en la Acción Clave 2 (KA2): cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas.
Así mesmo, a guía do programa Erasmus+ refírese ó Servizo Nacional de Apoio eTwinning como una das organizacións implicadas na implementación de dito programa.
Na táboa que amosamos aquí abaixo, desgranamos algúns detalles diferenciadores de eTwinning e outras accións Erasmus+, que lonxe de separalas, xeran precisamente interaccións que as enriquecen e as complementan.
| Outras acciones Erasmus+ | eTwinning | |
| Organismo responsable | SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) | 
 SNA (Servizo Nacional de Apoio) 
 | 
| Tipo de xestión | Descentralizadas En España, coordinado polo SEPIE | 
 Centralizada Coordinada en Europa polo Servizo Central de Apoio, e en España, polo Servizoo Nacional de Apoio (SNA, MECD) | 
| Localización | 
 c/Gustavo Fernández Balbuena,13 28002 -Madrid | 
 c/Torrelaguna, 58 28027-Madrid 
 | 
| Contacto | 
 Teléfono: (+34) 915506718 | 
 Teléfono: (+34) 913778377 | 
| Foco | 
 
 
 | 
 
 | 
| Accións | Organizadas en tres bloques coñecidos como Accións clave. 
 
 | 
 
 
 
 | 
| Financiación | Sí | Non | 
| Mobilidade de socios docentes e alumnos en asociacións escolares | É posible | Non | 
| Ámbito de traballo | Engloban todas as iniciativas de educación, formación, xuventude e deporte | Iniciativas de Educación | 
| Niveis educativos | 
 Abarcan todos os niveis: escolar, formación profesional, ensino superior e formación de persoas adultas así como outras institucións relacionadas co mundo educativo e laboral | Abarca os niveis educativos non universitarios | 
| Número de socios dun proxecto ou asociación escolar | 
 Mínimo: tres socios de dous países diferentes. Dous socios no caso de asociacións só entre centros escolares e entre rexións. 
 | Mínimo: dous socios fundadores de dous países diferentes. | 
| Solicitude de asociación/ proxecto | Segundo a convocatoria anual publicada polo SEPIE Convocatoria 2015 
 | Online. Desde o Escritorio persoal do docente, pestana PROXECTOS | 
| Data de solicitude | Segundo a convocatoria anual publicada polo SEPIE Convocatoria 2015 
 
 | Non hai data. Durante todo o ano | 
| Duración do proxecto | 2 ó 3 anos. (Pódese ampliar) | Non hai límite, pero recoméndase, “non máis de 2 cursos” escolares. | 
| Quén solicita a participación | Consultar institucións elexibles en cada sector en convocatoria 2015 | Un docente | 
| Aprobación do proxecto ou asociación escolar | O proxecto é ou non seleccionado e financiado segundo os criterios establecidos na convocatoria anual. 
 
 | A aprobación do proxecto depende únicamente da comprobación e validación dos datos e de que os obxectivos e contidos teñan cabida na práctica docente. 
 | 
| Apoio, axuda e asesoramento ós docentes | A través do correo electrónico Consultar correos de cada sector en web. Twitter: @sepiegob Portal nacional Sepie: www.sepie.es | 
 A través do correo electrónico asistencia@etwinning.es Twitter: @eTwinning_es Portal nacional eTwinning www.etwinning.es Portal europeo eTwinning Facebook: eTwinning España A través das Tarxetas de proxecto 
 | 
| 
 
 
 Avaliación e memoria | 
 
 
 | 
 
 *Un proxecto avalíase se o profesor solicita Selo de Calidade ou Premio. Se o docente solicita recoñecemento en créditos/horas de formación/innovación, o proxecto avalíano as autoridades educativas competentes da Comunidade Autónoma correspondente. 
 | 
| Recoñecemento | Créditos de formación, establecidos en B.O.E. Feira de Valorización Premios | 
 Segundo cada Comunidade Autónoma Premios Nacionais Premios Europeos 
 | 
| Visibilidade | Feira de Valorización Plataforma de difusión | 
 Galerías Portal nacional Portal europeo 
 | 
Tal e como se recolle no documento oficial Erasmus+ guía do programa, eTwinning é a plataforma virtual recomendada para as asociacións escolares porque:
. Facilita e permite a busca de potenciais socios de proxecto ou asociación escolar antes da solicitude co obxectivo de mellorar a calidade e o impacto dos proxectos futuros. O Escritorio eTwinning ofrece a ferramenta “Buscador de Socios” e foros, un deles específico para a busca de socios para Erasmus+.
. Ofrece un espazo virtual único para cada proxecto con ferramentas de comunicación e colaboración.
Un proxecto eTwinning e unha asociación escolar Erasmus+ compleméntanse. As ferramentas de comunicación e o espazo de colaboración que ofrece eTwinning son excelentes instrumentos para planificar e debater todos os aspectos relativos a unha asociación escolar, levar a cabo actividades que utilicen un soporte tecnolóxico, compartir documentos e informacións relativas a cada país e ir amosando resultados, e incluso para continuar o contacto entre os socios unha vez que a asociación concluíse.
Fonte das imaxes: SNA eTwinning.
 
													 
													 
													 
													 
													 
													 
								 
								 
													