22 de September de 2023

 Titorial que che indica paso a paso como dar os primeiros pasos en eTwinning


Para poder beneficiarte das posibilidades que che ofrece eTwinning, suxerímosche o seguinte itinerario: 

1. Visita os portais públicos eTwinning. Navega polos seus apartados, toma nota do que máis che interese así como das dúbidas que che surxan segundo vas avanzando no visionado.

Portal europeo eTwinning: www.etwinning.net 

 

Portal nacional de España: www.etwinning.es

 

2. Explora o apartado PROXECTOS e toma nota das experiencias que máis che gusten; poden ser un modelo, unha inspiración para un futuro proxecto.

3. Recomendámosche estes tres vídeos sobre aspectos xerais do programa:

4. Rexístrate/inscríbete na plataforma eTwinning. Podes facelo desde calquera dos dous portais.

Portal europeo:

Portal nacional:

5. Completo teu perfil de usuario con información sobre os teus intereses profesionais, o teu centro escolar e outra información interesante e atractiva para un futuro socio de traballo.

6. Busca na plataforma docentes europeos que teñan intereses afíns á túa idea de traballo. Ponte en contacto con eles e se algún o consideras posible candidato a socio, invítao a ser o teu contacto.

7. De forma paralela tamén podes informarte sobre:

Actividades de Formación:

14_5

8. Outras accións:

Todas as dúbidas e incidencias que che surxan na túa traxectoria eTwinning, podes envíalas ó enderezo de correo asistencia@localhost

 


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


Go to Top Skip to content