Código de conduta eTwinning

eTwinning constitúe a maior rede de centros educativos de Europa, todas e cada unha das persoas que o conforman constrúen como é. Aquí expoñemos unhas cantas regras básicas para que eTwinning siga sendo seguro e divertido para todos.
eTwinning é unha plataforma que te axuda a desenvolver as túas habilidades, ampliar a túa rede profesional e mellorar as competencias dos teus alumnos. Por este motivo, o espírito de eTwinning baséase no respecto e mais a comprensión. As actividades, mensaxes, publicacións e todo aquilo que se desexe publicar en eTwinning debe axustarse aos seguintes principios:
- Traballa pola inclusión. As opinións e puntos de vista de todo o mundo son benvidos e permitidos.
- Non ofendas outras persoas en eTwinning como individuos.
- Non ataques nin incites á violencia contra outras persoas por cuestións de raza, etnia, orixe nacional, relixión, orientación sexual nin xénero, nin por pertencer a un país, grupo ou minoría.
En eTwinning facemos todo o que está na nosa man para protexer calquera persoa de abusos e mensaxes non desexadas, pero como comunidade activa e plural que somos, contamos convosco para manter unha actitude positiva e reducir incidentes non desexados.
Calquera usuario que non cumpra con este código de conduta recibirá unha chamada de atención e en certos casos será expulsado da plataforma.
Polo tanto, animámosvos a que denunciedes o que vexades necesario.
Se vos atopades con contidos despectivos, que violen dereitos de autor ou inapropiados, sexa en publicacións, actividades, comentarios en diarios e foros ou mensaxes privadas, podedes utilizar o botón para denuncialo e compartir os motivos polos que o facedes. Os servizos de apoio xestionarán a túa solicitude.
A seguir listamos as regras que debe cumprir calquera eTwinner:
1. Uso inapropiado da mensaxaría interna
Abstédevos de lles enviar demasiadas mensaxes a docentes cos que non traballedes. Antes de entrar en contacto con outra persoa dentro de eTwinning visita o seu perfil, comproba se está dispoñible para proxectos, asegúrate de que as túas mensaxes son relevantes. Non lles envíes mensaxes idénticas a outros membros de eTwinning.
2. Uso de eTwinning para fins comerciais
Queda terminantemente prohibido utilizar a plataforma para fins comerciais. Calquera empresa, iniciativa, actividade ou programa informático con fins comerciais será eliminado, así como o seu acceso á plataforma mesma.
3. Mensaxes non desexadas nos foros
Nos foros de colaboración de eTwinning Live xéranse milleiros de mensaxes. Antes de realizar unha nova publicación, comproba se xa existen mensaxes nesa liña e responde a estas. Axúdanos a que os foros teñan sentido e a mellorar a interacción!
4. Comentarios irrelevantes ou inapropiados nas publicacións doutras persoas
Cando escribas un comentario no perfil doutra persoa asegúrate de que lle resulta pertinente. Os comentarios deben estar dirixidos a persoas e relacionados coa publicación do usuario. Non lles escribas o mesmo comentario a outros usuarios.
5. Solicitudes de contacto e invitacións para proxectos aleatorios
Evita pedirlles a outros membros de eTwinning que formen parte dos teus contactos ou participen no teu proxecto sen comunicarvos antes. Asegúrate de que contas cun número de contactos razoable e posible de xestionar. Queres estar ao tanto do que fai ou publica alguén? Abonda con que sigas o seu perfil.
6. Invitacións para actividades
Evita invitar os teus contactos ás actividades que organices, a menos que teñas claro que poden participar nelas. As invitacións aleatorias para actividades organizadas no teu centro consideraranse como non desexadas (correo lixo).
7. Ameazas directas, acoso e fustrigación
En eTwinning non se tolera o acoso nin a fustrigación. Se es vítima de acoso dixital ou alguén te ameaza, pregámosche que te poñas en contacto co teu Servizo Nacional de Apoio ou que denuncies a mensaxe. Ten presente que calquera persoa que se atope en situación de acoso ou fustrigación a outro membro da plataforma podería ser expulsada de eTwinning.
8. Propiedade intelectual
Asegúrate de que os contidos que cargues na plataforma non violen ningún dereito de autor. Antes de compartir imaxes, vídeos, documentos ou calquera outro recurso, pregámosche que te asegures de que tes dereito a iso. A plataforma eTwinning non pode aloxar vídeos, cómpre cargalos antes en YouTube, Vimeo ou DailyMotion e despois incrustalos en eTwinning. Non esquezas botarlles unha ollada ás súas políticas de dereitos de autor.
9. Suplantación de identidade
Está prohibido suplantar a identidade doutras persoas, grupos ou organizacións que non representes coa intención de confundir, enganar ou despistar.
10. Estudantes (menores)
eTwinning toma moi en serio a intimidade e a seguridade dos seus estudantes. Evita publicar imaxes de estudantes no teu perfil de eTwinning Live, TwinSpace, grupos etc. No caso de que o fagas, asegúrate de que contas co consentimento das súas familias.
11. Información persoal e datos confidenciais
Reflexiona cando publiques contidos relacionados con outras persoas. Non deberías publicar información privada, como por exemplo teléfonos móbiles, enderezos persoais, números de tarxetas de crédito, detalles ou fotografías/vídeos da túa vida íntima. Pensa sempre antes de publicar!
Fonte da imaxe de cabeceira: Pixabay
Uncategorized
Reglamento de protección de datos (información básica)
En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.
Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.
Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.
Normas de privacidad
NOMBRE DEL TRATAMIENTO
eTwinning participación.
FINALIDAD
Participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.
RESPONSABLE
Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial del Ministerio de Educación y Formación Profesional
C/ Alcalá, 34; 28014-MADRID.
DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS
Subdirección General de Atención al Ciudadano, Documentación y Publicaciones.
c/ San Agustín 5, 28014-MADRID
dpd@educacion.gob.es
PLAZOS O CRITERIOS DE CONSERVACIÓN DE LOS DATOS
Sus datos se conservarán durante el tiempo necesario para la tramitación y respuesta de su solicitud. Además, será de aplicación lo dispuesto en la normativa de archivos y documentación.
DECISIONES AUTOMATIZADAS
No se realizará toma de decisiones individuales automatizadas basadas en la información que usted nos proporciona.
PLAZOS O CRITERIOS DE CONSERVACIÓN DE LOS DATOS
Sus datos se conservarán durante el tiempo necesario para la tramitación y respuesta de su solicitud. Además, será de aplicación lo dispuesto en la normativa de archivos y documentación.
LEGITIMACIÓN O BASE JURÍDICA DEL TRATAMIENTO
El tratamiento es necesario para el cumplimiento de una obligación legal aplicable al responsable del tratamiento, artículo 6.1e) del RGPD, Reglamento UE 2016/679, y en la Ley 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad de la enseñanza.
DESTINATARIOS
Departamentos de Educación de las CC.AA que llevan proyectos europeos, para distintas gestiones, como la tramitación de permisos ausencia del centro, envío de información relevante, etc.
DERECHOS
Puede usted ejercitar los derechos de los artículos 15 al 22 del RGPD que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio, presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.
AUTORIDAD DE CONTROL
La autoridad de control en materia de protección de datos personales es la Agencia Española de Protección de Datos (http://www.aepd.es).
CATEGORÍA DE DATOS PERSONALES
Los datos personales que se tratarán son los que figuran en el formulario que usted nos proporciona.