MAVEN. Premios Nacionais eTwinning 2016

MAVEN é un proxecto que promove a aprendizaxe das matemáticas e o inglés dunha forma amena utilizando xogos, creacións de acrósticos, vídeos, relacionando as matemáticas coa xeografía e realizando un calendario con datas de nacemento de matemáticos célebres. Está dirixido a alumnos entre 12 e 15 anos, e participan centros de Letonia, Estonia, Romanía, Polonia, […]

eTwinning na formación profesional

O traballo mediante proxectos eTwinning estase a consolidar, cada vez máis, como un recurso xeneralizado para todos os docentes, desde educación infantil a formación profesional. Podemos atopar proxectos interesantes en todas as etapas formativas publicados na plataforma, dos que podemos aprender e recoller ideas. Aínda que, neste artigo, gustaríanos facer fincapé nas vantaxes que ofrece […]

Cidadanía dixital: Better eSafe than Sorry

Cidadanía dixital (tamén denominada cibercidadanía ou e-cidadanía) defínese como as normas de comportamento que lle concirnen ao uso da tecnoloxía. A Cidadanía dixital supón a comprensión de asuntos humanos, culturais e sociais relacionados co uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), así como a aplicación de condutas pertinentes a esa comprensión e aos […]

Química ata na sopa!

Presentámosvos o proxecto “Química ata na sopa”, ganador nos premios europeos 2016 na categoría de lingua española, que patrocina o MECD. Un bo exemplo na etapa de ensino secundario de traballo en colaboración no que se combina ciencia e mais cociña. Os alumnos, en agrupacións internacionais, intercambian receitas da gastronomía nacional e relatan e filman […]

O movemento Maker en eTwinning

As emocións forman un aspecto que inflúe de xeito determinante na nosa aprendizaxe. Como estudantes, aprendemos moito mellor cando nos divertimos, cando somos quen de resolver un desafío ou cando colaboramos cos outros.  E que dicir da sensación que nos invade cando somos capaces de crear un obxecto físico coas nosas mans! As sensacións anteriores […]

Go to Top Skip to content