Síguenos:
  •  
  •  
  • Search
    Close this search box.

    À table en Mediterranée

    À table en Mediterranée é un proxecto eTwinning que usa o tema da gastronomía e, en concreto, a dieta mediterránea como fío condutor de temáticas e áreas diversas.

    O proxecto non pretende que os alumnos aprendan receitas de cociña nin poñan en práctica especialidades culinarias senón que naveguen entre culturas gastronómicas desde os tempos romanos ata a actualidade. Os alumnos gozan dun paseo histórico cheo de sabores e olores, expresións artísticas diversas, intrigas políticas e cambios sociais, todo iso ben aderezado cunha morea de emocións e sentimentos provocados polos fogóns.

     María José Rodríguez de la Cueva, coordinadora do proxecto e docente do IES Ruiz Gijón (Utrera) describe os obxectivos do proxecto como:

    “Aprender aprendendo, investigar descubrindo, aceptar compartindo, idear imaxinando, construír colaborando, convivir respectando, avanzar divertíndose, pór en común unindo, elaborar contactando, empatía convivindo.

    À table en Mediterranée, unha mesa desde o pasado ao noso presente, traballando conxuntamente, convivindo pois, só a cultura e a comprensión do outro nos permitirá o respecto e a amplitude mental “.

    fotos a table mediterrane

    O proxecto destaca polo seu carácter multidisciplinar, integrando varias áreas de aprendizaxe, desde a lingua castelá e a lingua estranxeira (francés) pasando pola historia, a literatura, a bioloxía, o latín, as matemáticas, entre outras.

    a_table_mediterrane_3

    A través de concursos de logos, entrevistas a restauradores gastronómicos locais, elaborando historias en cómic, participando en concursos gastronómicos e facendo un uso variado de ferramentas TIC (Twitter, Movie Maker, Issuu, Polldaddy, Prezi, Youtube, Webnode, etc) os alumnos van desenvolvendo todo un catálogo de competencias clave cuxos resultados tanxibles víronse plasmados no desenvolvemento dun sitio web do proxecto e un cómic que recolle as distintas historias.

    a_table_mediterrane_4

    Para rematar, os alumnos puideron ter a oportunidade de coñecer os seus socios de proxecto e poder convivir durante unha semana con eles na que compartiron as súas impresións sobre a experiencia do proxecto.

    Ademais, destacamos a avaliación exhaustiva do proxecto na que interviñeron todos os estamentos da comunicade educativa implicados e que achegou información abonda, tanto para celebrar o conseguido como para facer propostas de mellora en proxectos futuros.

    alumnado a table mediterrane

    Felicitamos o equipo de docentes e alumnos que participou neste cóctel variado de orixinais temas e propostas didácticas e animamos a que prosigan esta frutífera liña de traballo en equipo.

    Fonte das imaxes: Páxina web do proxecto À table en Mediterranée.

    Últimas entradas
    Prototipo de proyecto "Festival de cine"
    September 2023
    Prototipo de proyecto 'Regreso al futuro'
    September 2023
    Planificación de un proyecto eTwinning con Google Docs
    September 2023
    Coido o meu medio
    September 2023
    Relevancia
    Sin categoría
    Etiquetas frecuentemente
    Enseñanza Primaria

    Publicacións relacionadas

    Resultados de la iniciativa Move2Learn, Learn2Move
    11/09/2017
    Impulsa a metodoloxía STEAM no teu centro
    22/09/2023
    eTwinning, éxito escolar para todos
    22/09/2023

    Leave a Reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Filtros

    Filtrar por Idade
    Filtrar por Idade
    Estado
    País
    Skip to content