Síguenos:
  •  
  •  
  • Search
    Close this search box.

    Educación para a Sostibilidade Ambiental

    Hoxe en día son moitos os problemas medioambientais ós que temos que facer fronte (fortes inundacións, secas, pandemias…). A educación ambiental é un proceso participativo que permite crear conciencia entre as persoas sobre a importancia do coidado do noso planeta. Dentro do ámbito educativo, o obxectivo é que o noso alumnado non só coñeza os problemas ambientais actuais, senón que sexa consciente da importancia do seu papel pasando á acción con solucións tanto locais como globais que teña ó seu alcance. ETwinning permítenos concienciar ó noso alumnado sobre isto e desenvolver diferentes proxectos de forma colaborativa con outros-as docentes e alumnos-as europeos que amosan un interese compartido por mellorar o noso planeta. A educación ambiental, o desenvolvemento sostible, a loita contra cambio climático… son moito máis que palabras para eTwinning. Forman parte do eixe central de moitos dos proxectos cos que respondemos a un claro desafío: a emerxencia climática.

    Algúns proxectos destacados neste ámbito serían:

    – Etapa de Educación Infantil.

    EcoMates: Little Detectives.

    https://live.etwinning.net/projects/project/226527

    – Etapa de Educación Primaria

    ETwinnerstown in action for sustainability

    https://twinspace.etwinning.net/92926/home

    The Harmony of Nature – 2020 Crosscurricular project, transdisciplinar and STE(A)M.

    https://twinspace.etwinning.net/109384/home

    – Etapa de Educación Secundaria

    Sustainability, our Priority!

    https://twinspace.etwinning.net/192550/home

    – Máis de 15

    Transmission for the Global Goals

    https://twinspace.etwinning.net/46178/home

    O espazo eTwinning é unha das mellores formas de compartir experiencias con maestros/as doutros países e por isto moitas entidades contemplan espazos de aprendizaxe e formas de compartir en paralelo con eTwinning que non son excluíntes en absoluto. Así, e dentro do ámbito da Formación Permanente para o Profesorado, e en relación con esta importante temática, podemos destacar cursos de formación moi ricos en recursos e boas prácticas.

    Education for a sustainable planet desenvolvemento por Microsoft e WWF. É un curso que está aberto en todo momento e non posúe restricións de tempo no seu cumprimento. Foi publicado o 8 de enero de 2021. Ademais de obter excelentes ideas, pódese contar con boísimos testemuños, inmellorables imaxes e vídeos. Por outro lado, Microsoft sempre concede insignias de superación dos seus camiños de aprendizaxe.

    https://education.microsoft.com/en-us/learningPath/19416e8e

    Our Fragile Planet MOOC – é un curso masivo en liña que se levou a cabo entre o 24 de febreiro e o 8 de abril de 2020 dentro da European Schoolnet Academy. Aínda que a día de hoxe o curso está cerrado a efectos de obtención dun certificado, está aberto para todos e pódese ingresar nel para aprender e recompilar ideas.

    https://www.europeanschoolnetacademy.eu/courses/coursev1:spaceEU+Climate+2020/course/

    Exploring Nature-Based Solutions in Your Classroom MOOC – é tamén un curso masivo en liña levado a cabo pola European Schoolnet Academy entre o 11 de xaneiro e 17 de febreiro de 2021 provisto de excelentes materiais e experiencias. Aínda que fóra de prazo tamén, o curso segue aberto para todos como fonte de información valiosa.

    https://www.europeanschoolnetacademy.eu/courses/course-v1:Scientix+NBS+2021/course/

    Addressing the Global Climate Crisis in Your Classroom MOOC é outro curso que se levou a cabo entre o 27 de abril e o 3 de xuño de 2020, aínda que esta vez impartido pola School Education Gateway, baixo o auspicio da Dirección Xeral para a Educación e a Cultura da Comisión Europea. Fóra de límite de prazo de matriculación tamén, pero o curso segue aberto para todos e é moi interesante.

    https://academy.schooleducationgateway.eu/es/web/global-climate-crisis

    Teaching sustainability for action, MOOC de Terra Mission que comezou o 10 de xaneiro e rematará o 16 de febreiro. Impartido por European Schoolnet Academy brinda ós maestros de primaria e secundaria a oportunidade de aumentar a conciencia ambiental nas súas escolas e máis alá. Este curso ten como obxectivo proporcionar ós participantes coñecementos sobre temas contemporáneos de sostibilidade e ferramentas para axudar os estudantes a tomar medidas sobre o cambio climático. Ademais, este MOOC ofrece unha guía para a creación de propios escenarios de aprendizaxe baseados no Paquete Educativo Terra Mission.

    https://www.europeanschoolnetacademy.eu/courses/coursev1:LifeTerra+SustainabilityForAction+2022/about

    Á súa vez, pódese dispoñer de material interesante para reutilizar e adaptar tendo en conta a contextualización das nosas aulas e as necesidades do noso alumnado: World Largest Lesson, a lección máis grande do mundo, é unha páxina web realizada en colaboración con UNICEF e a UNESCO e promove o uso dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible na aprendizaxe para que o alumnado poidan contribuír a un futuro mellor para todos. Desde a cidadanía e a xustiza ata o cambio climático e o medio ambiente.

    https://worldslargestlesson.globalgoals.org/es/

    Esta páxina tamén está asociada a un dos cursos de Microsoft que están dispoñibles para todos aqueles que o desexen.

    https://education.microsoft.com/en-us/course/72e17f8e/28

    Misión Terra. Gynzy 

    Terra Mission – Gynzy 

    Terra Mission é un curso educativo interactivo para idades de 8 a 10 anos e de 11 a 14 anos que cumpre o propósito de Life Terra . O paquete educativo consta dunha lección de introdución, 8 temas e unha lección de peche. Actualmente está integrado no curso de formación mencionado anteriormente Teaching Sustainability for Action.

    Repsol Zinkers

    Recursos educativos para Primaria e Secundaria onde o profesorado encontrará formación e material para traballar o currículo escolar sobre transición enerxética e a Axenda 2030.

    https://zinkers.fundacionrepsol.com/

    Club de lectura dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible

    Lecturas recomendadas e vídeos por Obxectivo para axudar ó alumnado a entender os ODS.

    O Club de lectura dos ODS: Obxectivo 15

    En definitiva, eTwinning é unha plataforma ideal para poder traballar a conciencia ecolóxica co noso alumnado, fomentar a colaboración e o traballo en equipo de forma que poidamos construír entre todo-as un futuro para o noso planeta Terra: máis fermoso, sostible e inclusivo (Tema eTwinning do ano 2022).

     

     

     

    Últimas entradas
    Prototipo de proyecto "Festival de cine"
    September 2023
    Prototipo de proyecto 'Regreso al futuro'
    September 2023
    Planificación de un proyecto eTwinning con Google Docs
    September 2023
    Coido o meu medio
    September 2023
    Relevancia
    Sin categoría
    Etiquetas frecuentemente
    Enseñanza Primaria

    Publicacións relacionadas

    eTwinning e Erasmus+
    22/09/2023
    Uso y características del chat en el TwinSpace
    22/09/2023
    Crear una página de actividades en el TwinSpace
    22/09/2023

    Leave a Reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Filtros

    Filtrar por Idade
    Filtrar por Idade
    Estado
    País