Premio Nacional eTwinning 2019: “Traditional clapping games as a cultural bridge”

Este proxecto eTwinning xorde da necesidade de educar en valores de respecto e tolerancia, de pensar no que nos une e de deixar de lado o individualismo para aprender a traballar en equipo e a colaborar para alcanzar uns obxectivos comúns. A través do traballo con xogos tradicionais de palmas logrouse crear lazos de unión entre profesorado de distintos centros europeos e de diferentes áreas curriculares. Foi moi satisfactorio ver como o alumnado gozou co proxecto, aprendeu a colaborar en grupos internacionais e logroulle transmitir á comunidade educativa os beneficios da cooperación.
Traditional Clapping games une seis centros educativos de 5 países (Grecia, Turquía, Francia, España e dous centros educativos de Italia), 126 alumnos de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos e 18 mestres, dos cales 9 son do noso centro.
Equipo multidisciplinar que participou no proxecto: José Ramón Lozano, mestre de relixión, Margarita Mateos e Francisco Barroso, de educación física, Juani Ciudad e Esperanza Carreño, mestras de primaria, Mª Trinidad Pérez, mestra de inglés, Esther Labadiño, mestra de música e Juan Antonio Rincón e Luis Moreno, mestres de primaria.
O obxectivo deste proxecto é facer as clases máis interesantes e motivadoras utilizando as ferramentas web 2.0 para traballar distintas áreas curriculares a través dos xogos de palmas.
Ao alumnado encántanlle as cancións interactivas e a través delas aprenderon e melloraron a coordinación, a expresión corporal e mais o ritmo. Ademais, realizaron as tarefas en equipos internacionais o que fomentou a cooperación e colaboración entre iguais. É un proxecto multidisciplinar que traballou as áreas de música, plástica, educación física e inglés. Todas as competencias clave foron participes no proxecto destacando a competencia dixital, a comunicación lingüística en lingua estranxeira, a competencia aprender a aprender e a competencia en conciencia e expresións culturais. A partir dunhas tarefas básicas e unhas liñas xerais, o noso proxecto deixou cabida para a creatividade dos grupos. Eles decidiron como organizar as tarefas, como realizar os traballos manuais, que movementos realizar nas creacións de xogos de palmas, entre outras. As mans e todo o que se pode facer con elas centraron o noso proxecto axudando a coñecer famosas obras de arte e artistas e utilizando a creatividade como medio de interacción entre os grupos.
https://www.thinglink.com/scene/1047506556788146178
O profesorado introduciu a tecnoloxía na aula dunha forma natural innovando nas sesións e facendo da aprendizaxe algo continuo, non fragmentado en áreas curriculares illadas. En definitiva, o traballo en equipo do profesorado e mais o alumnado fomenta a creatividade e a innovación pedagóxica.
O punto de partida do noso proxecto foi as propostas de mellora dun proxecto anterior onde tamén traballabamos distintas áreas curriculares de xeito interdisciplinar. Cada socio achegou as propostas de mellora das súas respectivas axencias nacionais e despois dun traballo colaborativo desenvolvido durante o verán pasado fundouse este proxecto cuxos resultados foron aínda mellores dos esperados.
O material elaborado polo alumnado pode traballarse en calquera nivel educativo e pode servir de inspiración para a creación de novo material. Creouse unha web do proxecto para a difusión e utilización das actividades que se desenvolveron: https://sites.google.com/portogaribaldi.istruzioneer.it/traditionalclapping/activities/traditional-clapping-games Ademais, no noso blog eTwinning do centro: http://euromontijanos.blogspot.com/search/label/eTwinning2017%2F2018 pódese visualizar o desenvolvemento das actividades e mais a avaliación do proxecto.
A avaliación é moi importante para a mellora de futuros proxectos e para ver se alcanzamos os obxectivos formulados. Neste vídeo podemos escoitar a opinión dos alumnos españois membros dos grupos internacionais, minuto 0:56
Para o noso centro, eTwinning é unha fonte de inspiración. Fomos avanzando paseniñamente, mellorando e descubrindo a través de eTwinning que o noso colexio non ten catro paredes senón que está aberto a Europa e a todo aquel que sinta a colaboración e a cooperación como o futuro para unha sociedade máis xusta e igual. Os recoñecementos recibidos nestes anos motivaron máis mestres para contaxiarse de eTwinning, serviu para lle dar prestixio ao noso centro cada vez máis valorado na nosa comunidade autónoma e sobre todo, axudou a desenvolver as competencias clave do noso alumnado dunha forma motivadora e innovadora.
Visita o twinspace para coñecer máis sobre as nosas actividades en grupos transnacionais: https://twinspace.etwinning.net/46569/home
CONTÁXIATE DE ETWINNING!!!
Artigo redactado polo equipo multidisciplinar que participou no proxecto.
Fonte das imaxes: elaboración propia
Uncategorized
Reglamento de protección de datos (información básica)
En cumplimiento de la normativa de protección de datos personales, le informamos de que sus datos serán incorporados al tratamiento denominado “eTwinning participación”, cuya finalidad es la participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.
Puede usted ejercitar los derechos de acceso, rectificación, oposición, supresión (“derecho al olvido”), limitación de tratamiento y portabilidad y a no ser objeto de decisiones individuales automatizadas que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/varios/proteccion-datos.html), presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.
Al rellenar y enviar este formulario usted concede su consentimiento inequívoco para el almacenamiento de sus datos en nuestros ficheros tal y como se especifica en nuestras normas de privacidad.
Normas de privacidad
NOMBRE DEL TRATAMIENTO
eTwinning participación.
FINALIDAD
Participación en el proyecto de colaboración europeo eTwinning.
RESPONSABLE
Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial del Ministerio de Educación y Formación Profesional
C/ Alcalá, 34; 28014-MADRID.
DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS
Subdirección General de Atención al Ciudadano, Documentación y Publicaciones.
c/ San Agustín 5, 28014-MADRID
dpd@educacion.gob.es
PLAZOS O CRITERIOS DE CONSERVACIÓN DE LOS DATOS
Sus datos se conservarán durante el tiempo necesario para la tramitación y respuesta de su solicitud. Además, será de aplicación lo dispuesto en la normativa de archivos y documentación.
DECISIONES AUTOMATIZADAS
No se realizará toma de decisiones individuales automatizadas basadas en la información que usted nos proporciona.
PLAZOS O CRITERIOS DE CONSERVACIÓN DE LOS DATOS
Sus datos se conservarán durante el tiempo necesario para la tramitación y respuesta de su solicitud. Además, será de aplicación lo dispuesto en la normativa de archivos y documentación.
LEGITIMACIÓN O BASE JURÍDICA DEL TRATAMIENTO
El tratamiento es necesario para el cumplimiento de una obligación legal aplicable al responsable del tratamiento, artículo 6.1e) del RGPD, Reglamento UE 2016/679, y en la Ley 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad de la enseñanza.
DESTINATARIOS
Departamentos de Educación de las CC.AA que llevan proyectos europeos, para distintas gestiones, como la tramitación de permisos ausencia del centro, envío de información relevante, etc.
DERECHOS
Puede usted ejercitar los derechos de los artículos 15 al 22 del RGPD que sean de aplicación de acuerdo a la base jurídica del tratamiento. Podrá hacerlo en la sede electrónica del ministerio, presencialmente en las oficinas de registro o por correo postal.
AUTORIDAD DE CONTROL
La autoridad de control en materia de protección de datos personales es la Agencia Española de Protección de Datos (http://www.aepd.es).
CATEGORÍA DE DATOS PERSONALES
Los datos personales que se tratarán son los que figuran en el formulario que usted nos proporciona.