SOS Planet é un proxecto de mobilidade Erasmus + eTwinning entre centros escolares de Grecia Eslovaquia, Polonia, Turquía e España, no que participan alumnos con idades comprendidas entre 9 e 18 anos. O proxecto persegue o desenvolvemento de competencias lingüísticas en lingua estranxeira (inglés) no alumnado, ó tempo que aprenden programación, robótica e abordan temas medioambientais. A metodoloxía de traballo é a aprendizaxe baseada na resolución de problemas. O proxecto lévase a cabo de forma cooperativa a través de equipos internacionais de 5 alumnos que plantexan retos e desafíos ó resto. Equilíbrase a formación teórica coa aprendizaxe manipulativa con robots que son programados polos propios alumnos para que efectúen a tarefa ou reto plantexado.
Spanish mobility in SLOVAKIA. from Proyecto SOS on Vimeo.
Este proxecto enmárcase dentro do plan de estudos de secundaria no ámbito de tecnoloxía e inglés. Por un lado, o inglés é a lingua vehicular de traballo para explicar os procesos, relacionarse, intercambiar ideas e comunicarse. Por outro, desde a área de tecnoloxía programan, explican procesos e resolven os problemas presentados construíndo os mecanismos necesarios. Estes procesos están documentados con vídeos e tutoriais presentados polos propios alumnos.
O desenvolvemento do proxecto permitiu ata 4 reunións transnacionais. Alumnos e docentes poideron comunicarse por email, grupo Whatsapp, foro TwinSpace e a través de boletíns de noticias mensuais. Tamén se realizaron videoconferencias entre os centros participantes. O proxecto integra actividades diversas como vídeos de presentación de escolas, presentación de alumnos a través de tableiros en liña (Padlet), concurso de ideas e votación de logo de proxecto (Tricider) e enquisas entre alumnos para propoñer actividades usando formularios de Google Drive.
Na colaboración aproveitaron os puntos fortes de cada centro escolar: España (Fundación Institución Cultural Domus-Godella, Valencia) os seus coñecementos de robótica, Grecia os seus coñecementos de WordPress e robótica, Eslovaquia a súa experiencia en mobilidades, coñecementos informáticos e deseño de boletíns en liña (newsletter) e Polonia polo seu coñecemento do TwinSpace e experiencias en anteriores proxectos. Cada mes, os responsables en cada centro envían un resumo das tarefas realizadas ó coordinador para facer o boletín mensual que se comparte no TwinSpace co resto de socios.
Os retos propostos preséntanse no formato dunha misión ficticia na que o alumnado explica a través de videotutoriais como hai que programar o robot para que poida desempeñar a tarefa programada. Os desafíos realízanse nos distintos países onde ten lugar a mobilidade. Unha vez finalizado o reto o alumnado avalía o traballo realizado a través de rúbricas. Tamén hai retos sobre ecoloxía, como descubrir a acción das plantas na captación do CO2.
Spain : Mission 1task 1 from Proyecto SOS on Vimeo.
A teconoloxía esta moi presente no desenvolvemento do proxecto, tanto na temática elexida (programación robótica) como no seu deseño e a súa difusión. Os alumnos traballan co hardware e software de Lego Mindstorm. Realízanse videotitoriais que se comparten usando Vimeo e compártense os boletíns dixitais (newsletters) usando a ferramenta Spark Adobe. O proxecto conta ademais cun blog en WordPress para dar visibilidade e difusión ós resultados finais e un grupo en Facebook.Utilizan tableiros Padlet para compartir mensaxes e imaxes, Tricider para a elección do logo, As newsletters realizáronas a través de Spark Adobe https://spark.adobe.com/page/80F05/ e tamén crearon o blog “SOS Planet Erasmus” na plataforma WordPress. https://sosplaneterasmus.wordpress.com
Felicitamos a docentes e alumnado participante por conducir con acerto un proxecto que promove la colaboración europea e o desenvolvemento de competencias lingüisticas e dixitais. Animámolos a seguir participando en futuros proxectos e seguir abordando con éxito novos retos.
Enlace ó TwinSpace do proxecto: https://twinspace.etwinning.net/11157/home