¡Vuelven las eTwinning weeks!

¡Vuelven las eTwinning weeks!

Equipos de centro Recomendacións Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

 Desde el próximo día 30 de septiembre y hasta el 27 de octubre, celebramos el año de la participación democrática con las eTwinning weeks. ¿Te animas a participar? Síguelas en #eTw4Democracy Continuar leyendo

Premio Nacional eTwinning 2019: “Staying´alive-First Aid for Everyone”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Staying´alive-First Aid for Everyone”

Premios eTwinning 2019 Premios Nacionales Uncategorized

O proxecto “Stayin´ Alive First Aid for everyone” foi galardoado co Premio Nacional eTwinning 2019, na categoría 4 de maiores de 15 anos, modalidade B Novel e todo o profesorado participante recibiu o Selo de Calidade Nacional e o Selo de Calidade Europeo. Continuar leyendo

El cambio climático será el tema eTwinning para 2020

El cambio climático será el tema eTwinning para 2020

Últimas noticias Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

¡Ya lo tenemos! El tema eTwinning para el año 2020 será el cambio climático, coincidiendo con unos de los objetivos de la Unión Europea y una de las prioridades en el  programa Erasmus+. Continuar leyendo

Evento en República Checa: “where learning is fun”

Evento en República Checa: “where learning is fun”

v Talleres de desenvolvemento Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Del 5 al 8 de junio se celebró en Praga (República Checa) un seminario eTwinning para docentes de educación infantil. Continuar leyendo

Nuevo portafolio eTwinning

Nuevo portafolio eTwinning

Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

El nuevo portafolio eTwinning te permitirá crear, personalizar y descargar tu portafolio personal eTwinning, donde quedará reflejada tu información personal, los proyectos, encuentros y grupos en los que has participado y la formación que has realizado dentro de la plataforma. Continuar leyendo

Balance del programa eTwinning durante el curso 2018/2019

Balance del programa eTwinning durante el curso 2018/2019

Últimas noticias Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Como cada final de curso, analizamos las acciones llevadas a cabo en eTwinning durante todo el año académico 2018/19 y compartimos con vosotros los aspectos más destacados que han marcado el desarrollo del programa. Continuar leyendo

Ceremonia de entrega de los Premios Nacionales eTwinning 2019

Ceremonia de entrega de los Premios Nacionales eTwinning 2019

Premios Nacionales Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

El pasado 25 de junio se celebró en Madrid, en la sede del INTEF,  el acto de entrega de los Premios Nacionales eTwinning 2019. Se premiaron 12 proyectos y 32 docentes en las diferentes categorías que más abajo se detallan. Continuar leyendo

Reconocimiento de la participación en proyectos eTwinning

Reconocimiento de la participación en proyectos eTwinning

Últimas noticias Uncategorized

Este elemento non está dispoñible no idioma solicitada. Desculpe. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

La participación en Programas Educativos Europeos contribuye a la mejora de la calidad de la educación, al desarrollo profesional docente y a la adquisición de las destrezas, competencias y habilidades que se consideran imprescindibles para el alumnado. Continuar leyendo

Premio Nacional eTwinning 2019: “Traditional clapping games as a cultural bridge”

Premio Nacional eTwinning 2019: “Traditional clapping games as a cultural bridge”

Uncategorized

Este proxecto eTwinning xorde da necesidade de educar en valores de respecto e tolerancia, de pensar no que nos une e de deixar de lado o individualismo para aprender a traballar en equipo e a colaborar para alcanzar uns obxectivos comúns. A través do traballo con xogos tradicionais de palmas logrouse crear lazos de unión entre profesorado de distintos centros europeos e de diferentes áreas curriculares. Foi moi satisfactorio ver como o alumnado gozou co proxecto, aprendeu a colaborar en grupos internacionais e logroulle transmitir á comunidade educativa os beneficios da cooperación. Continuar leyendo

Aulas multilingües

Aulas multilingües

Recomendacións Uncategorized

As aulas multilingües son unha realidade en Europa, especialmente  nalgúns países e principalmente nas grandes cidades. É un termo que se aplica ás aulas de centros nos que a maioría de estudantes falan na casa un idioma distinto da lingua na que reciben a formación. Tamén se inclúe alumnado recén chegado que descoñece totalmente a lingua usada no centro educativo.

Hoxe en día o fenómeno xorde principalmente da migración provocando unha maior diversidade lingüística e cultural co conseguinte  desafío nas aulas.

Un desafío quizás non tan intenso, pero igualmente considerable, é o que se nos presenta ós docentes que desenvolvemos o noso  traballo nas comunidades autónomas con dous idiomas cooficiais e incluso con materias en CLIL (Content and Language Integrated Learning) ou  AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras).

En Educación Infantil a utilización de dúas linguas ou máis prodúcese de forma natural e espontánea e depende exclusivamente  da necesidade de comunicarse nunha ou outra lingua, respectando na medida do posible o idioma utilizado polo interlocutor.

Por outra parte,  hoxe en día en Secundaria e Bacharelato, é bastante habitual que os alumnos estuden varias materias noutro idioma (inglés, francés,…) diferente ós dous cooficiais. O obxectivo é a mellora tanto da produción oral como escrita nesta lingua estranxeira. Pode darse o caso de que tamén se atrevan cun segundo idioma estranxeiro (francés, alemán,…) aumentando amplamente  o seu  plurilingüísmo.

A aprendizaxe de varias linguas á vez resulta beneficiosa para todas elas, xa que os coñecementos de cada unha interrelaciónanse coas outras. Con este fin debemos fomentar unha aprendizaxe inclusiva, plurilingüe e intercultural.

O  plurilingüismo permite que o alumno coñeza os contidos gramaticais e semánticos dos diferentes idiomas non como caixóns separados ou “compartimentos estancos” senón como un “totum no revolutum”  que lle axudará a alcanzar o coñecemento dun idioma que non domina.  Poderiamos dicir que a mochila que xa trae da súa casa irá cargándose pouco a pouco con novo material, pero que todo convivirá en harmonía grazas a que todo ten unha procedencia común ou polo menos similar. É o “translanguaging” ou acceso a todos os  repertorios lingüísticos que ten o alumnado. O alumnado comprobará que pode  utilizar dous ou máis idiomas de maneira natural como se fosen só un.

Unha das ferramentas máis efectivas que podemos usar nas nosas clases plurilingües é o Portfolio Europeo das Linguas (PEL), un documento que nos permite rexistrar a progresión do aprendiz de linguas potenciando a reflexión e diversos modos de avaliación.

Segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (páx. 20, 34 e 183, MCER 2001) o PEL promove a competencia plurilingüe “mediante o rexistro de experiencias de aprendizaxe de todo tipo con respecto a unha ampla serie de linguas, xa que, doutro modo, gran parte destas experiencias non quedaría atestiguada nin recoñecida” (páx. 34, MCER 2001), ademais de amosar o progreso nos diferentes niveis comúns de referencia.

O PEL divídese en tres partes: Pasaporte de linguas, onde se vai marcando esta progresión en cada lingua que usa o titular e os certificados oficiais que vai conseguindo; a Biografía Lingüística, que serve para reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe en base a experiencias persoais tanto a nivel formal como informal, e o Dossier, que recolle todos aqueles materiais que mellor amosan as experiencias e os logros incluídos no Pasaporte e na Biografía Lingüística.

O uso do PEL na aula plurilingüe promove o desenvolvemento de diversas estratexias de aprendizaxe, xa que o alumno é máis consciente da súa propia maneira de aprender. O PEL tamén proporciona información sobre aqueles aspectos que condicionan a progresión nas diferentes escalas de descritores. Por exemplo, podemos rexistrar que, grazas a un intercambio lingüístico,  fixemos moitos avances nas destrezas de escoita ou de interacción, ou que aínda nos quedan por dominar varios aspectos estilísticos na destreza de escritura. Dentro do PEL pódese rexistrar o uso de calquera lingua, tanto nativa como aprendida en diversos contextos.

Moitas das actividades que facemos na aula plurilingüe poden ser facilmente rexistradas nunha ou varias partes do noso PEL, demostrando así o noso nivel en cada momento e reflexionando sobre o que fixemos ben ou como mellorar para alcanzar os obxectivos previstos. Para saber máis sobre o PEL:

eTwinning,  plataforma de colaboración e aprendizaxe mediante a cal se organizan irmandamentos de colaboración escolar en Europa, facilita as ferramentas para organizar grupos de traballo, integrando ferramentas 2.0 co fin de aproveitar as vantaxes que nos ofrecen as aulas multilingües. Promóvese así a conciencia do modelo europeo de sociedad multilingüe e multicultural.

A continuación amosamos experiencias levadas a cabo en distintas etapas, desde infantil e primaria ata secundaria, pasando por formación profesional, sobre as aulas multilingües e eTwinning.

Experiencias metodolóxicas:

Educación Infantil

Formación en Centros Plurilingües de Educación Infantil en Galicia: C.E.I.P Plurilingüe Tirán Moaña; E.E.I As Dunas Panxón; C.E.I.P Plurilingüe Espiñeira Aldán; C.E.I.P Plurilingüe Froebel Pontevedra. En Galicia, desde o curso pasado,  ampliouse o plurilingüismo á etapa de Educación Infantil. Para contribuír ó éxito desta iniciativa estase impartindo formación a profesorado deste nivel interesado en participar e compartir experiencias a través da plataforma eTwinning.

Como parte da formación, participan no Proxecto “Zero Waste”, proxecto que leva activo dous cursos escolares e que está próximo a finalizar. Para continuar con esta iniciativa e animar ás escolas locais a cooperar con eles, creouse un novo Proxecto secuela do anterior “One plastic Bag” que como o seu nome indica basease na reutilización de bolsas de plástico en distintas actividades nas que as familias do alumnado participan de forma activa. O Proxecto  intégrase nas distintas áreas do currículo, combinando a utilización da lingua autóctona coas demais: galego, castelán e inglés, para as actividades planificadas na Área de Plástica en Inglés.

Educación Primaria

O Colexio José Arnauda (Alcoy) favorece o contacto de diferentes linguas mediante os proxectos eTwinning. Co actual proxecto que estamos realizando, ‘¿Xogamos? Let’s play all together’, pretendemos acercar os nenos hospitalizados ás aulas ordinarias, colaborando con outros centros de Alicante e Inglaterra. A nosa idea é mellorar as competencias básicas e as  expectativas de futuro tanto do noso alumnado como do alumnado da aula hospitalaria mediante actividades colaborativas. Todas as actividades combinan a lingua da comunidade autónoma xunto co castelán e o inglés como idioma estranxeiro.

Educación Secundaria

O IES Urbi de Basauri (Vizcaya) desenvolve o proxecto eTwinning  Zu eta ni, lanean elkarrekin (“Ti e eu, traballando xuntos”). É o primeiro que se desenvolve en euskera en Educación Secundaria entre centros de España (Hegoalde) e Francia (Iparralde). O obxectivo básico é potenciar o uso oral e escrito desta lingua e incrementar desta maneira o hábito do uso da mesma no ámbito familiar.  Tanto  as actividades como os resultados desenvólvense en euskera, ademais de ser esta a lingua de comunicación durante os dous encontros entre alumnos e profesores que tiveron lugar en Basauri (Vizcaya) e San Juan de Luz (Lapurdi, Francia). Este proxecto busca e garante  o uso oral e escrito dunha lingua común aínda que con diferentes usos,  dialectos e variantes nos catro  centros participantes: dous  de España (Navarra e Vizcaya) e outros dous de Francia (San Juan de Luz e Baigorri).

Artigo elaborado por: Begoña Payá, Mela Rodríguez, Karmele López de Abetxuko e Francisco Miguel García.

Fonte das imaxes: Elaboración propia